09 de febrero de 2017
09.02.2017

O Marco do Camballón apúntase ao rock bravú

Un grupo de alumnos organiza unha exposición sobre os festivais Castañazo e Novo Cruceiro

09.02.2017 | 03:44
O grupo de alumnos responsable da exposición sobre o rock bravú.

Hai tempo que o IES Marco do Camballón deixou claro que a súa ensinanza sobre a lingua e a cultura galegas traspasou a fronteira das aulas. Iniciativas como o concurso de tatuaxes en galego ou a materia optativa de regueifa -que inclúe numerosos intercambios con alumnos doutros centros e profesionais- son un exemplo de ata qué punto trascenden na sociedades propostas dos alumnos deste centro. O instituto fíxase agora nun fenómeno musical que arrancou nos anos 90 e que aínda segue vixente: o rock bravú.

Mañá, ás 11.30 horas, o IES inaugura unha exposición que coordinan alumnos de terceiro curso do Programa de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento (PMAR). Na mostra poderán verse paneis informativos, cartaces, camisolas, CDs e outros materiais de dous festivais de referencia neste movemento musical: o Castañazo Rock, que se celebra no municipio lugués de Chantada, e o Novo Cruceiro Rock, que acolle Vila de Cruces no mes de agosto.

Baixo o nome de Proxecto Rock GZ, poderase ver este material que cederon as asociacións responsables destes dous certames pero tamén se prevé organizar charlas como a que impartirá un pai, Bienvenido Carballa, sobre a música popular do século XX, así como a que ofrecerán membros da Asociación Cruceiro Rock. Haberá, ademais, un concurso de aturuxos, do que o gañador recibirá como premio unha ducia de chourizos.

A historia do rock bravú parte dun cocido en Chantada, que organizou a mocidade local e algúns dos grupos dos anos 90, como Diplomáticos de Monte Alto, Rastreros ou Os Papaqueixos. En canto ao Novo Cruceiro Rock (comezou a celebrarse en 2013) tén acollido actuacións de grupos xa consolidados, como Medomedá, In Vivo ou Desequilibrio Mental.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Este sábado, a las 16.15, se disputa el Celta - Valladolid y en FARO te invitamos a Balaídos. Responde a nuestras preguntas y gana 2 entradas en Tribuna para ver el partido.

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia