08 de febrero de 2017
08.02.2017

O Entroido dos Xenerais da Ulla incorpora paquetes turísticos, unha exposición e monicreques

Haberá 28 'altos' desde o vindeiro sábado, día 11, ata o domingo 5 de marzo - Por primeira vez haberá excursións desde Santiago

08.02.2017 | 02:51
Alcaldes e concelleiros dos municipios que conservan esta tradición estiveron presentes, onte, no Pazo de Raxoi, canda dous xenerais.

Alcaldes e concelleiros dos oito municipios nos que se celebra o Entroido dos Xenerais da Ulla, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, presentaron onte o programa desta edición, que se celebra desde o vindeiro sábado, día 11 de febreiro, ata o domingo 5 de marzo e que, por primeira vez, inclúe paquetes turísticos con excursións desde Santiago de Compostela. En concreto, este ano celebraranse 28 altos ou atranques --enfrontamentos dialécticos por parellas-- en distintos lugares e parroquias dos concellos que colaboran nesta celebración: A Estrada, Boqueixón, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces.

Nun acto celebrado no consistorio de Santiago, o alcalde de Vedra, Carlos Martínez, explicou que, como novidade, este ano poderanse coñecer os Xenerais da Ulla e o seu territorio a través de excursións que sairán da capital de Galicia, organizadas coa colaboración da agrupación Área Santiago e Viaxes Alma Vaia. Estas terán lugar os días 11, 25 e 28 de febreiro e permitirán coñecer os pazos do Ulla, as paisaxes deste val así como os atranques que se celebrarán en Vilanova (Vedra) e Fao (Touro). Ademais, incluirán nos seus itinerarios a visita á exposición fotográfica destes Xenerais da Ulla, que reúne sesenta imaxes cheas de cor que recollen a esencia e carácter deste entroido rural tradicional, acompañadas de coplas; estará situada na Casa dos Peóns de Vedra.

Esta edición do entroido inclúe tamén un ciclo de representacións de marionetas baixo o título As xeneralas da Ulla, a cargo de Monicreques Cachirulo. O espectáculo, para todos os públicos, será de acceso libre e percorrerá os oito municipios nos que se mantén viva esta tradición.

Recreación na presentación

A presentación contou coa participación dos alcaldes de Santiago, Martiño Noriega; Vedra, Carlos Martínez; Boqueixón, Manuel Fernández; Touro, Ignacio Codesido; Vila de Cruces, Jesús Otero; e Silleda, Manuel Cuíña. Ademais, tamén acudiron as edís de Turismo de Santiago, Marta Lois; e de Teo, Conchi García; así como o tenente de alcalde da Estrada, Juan Manuel Constenla. No acto, celebrado no Salón Vermello do Pazo de Raxoi, recreouse un alto por parte de catro xenerais, dous de Boqueixón e dous de Vila de Cruces. Asimesmo, presentouse un vídeo sobre este entroido elaborado polos alumnos do IES de Chacheiras.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia