Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Antía Otero: "A escrita é un lugar moi interesante para atoparse, para descubir e experimentar"

"Houbo intereses en diferenciar a narrativa para homes e a poesía para mulleres"

Recital riquiño de Aldaolado | As poetas Lucía Aldao e María Lado realizaron o domingo un espectáculo no salón de actos da biblioteca municipal Varela Jácome onde interpretaron un recital apto para todos os públicos no que os asistentes poideron disfrutar de xogos, cancións e tamén textos do seu puño e letra.

A escritoria Antía Otero puxo en marcha onte no salón de actos da biblioteca Varela Jácome un obradoiro de creación poética con todas as plazas cubertas. Un total de 15 persoas poderán achegarse durante tres xornadas ao mundo literario así como coñecer técnicas e ferramentas para soltarse no mundo da escrita.

-Que se levará a cabo neste taller?

-Eu levo moito tempo impartindo obradoiros de creación, primeiro eu soa, e agora dentro do proxecto de apiario xunto a Dores Tembrás e xa levamos as dúas moito tempo levando obradoiros, para moitos lugares e distintas entidades. Para o de Lalín, trata de ser unha aproximación á poesía a través da lectura e tamén a través da escrita. Destinada a xente interesada na literatura en xeral e trátase de ir descubrindo aqueles aspectos que son propio do poético e dunha maneira práctica e compartida. Deixaremos quizais algunhas ferramentas e algúns tipos de traballos para que logo a xente poda continuar se quere seguir facendo ese camiño.

-A xente anímase cada vez máis?

-Nós temos obradoiros estables dende outrubro a xuño. Tanto en A Coruña como en Santiago e cada vez é máis a xente que se achega. Polo tanto eu creo que a escrita sempre foi un lugar moi interesante para atoparse, para descubirr, para experimentar. E eu creo que nunca deixou de selo, se a eso lle suma que hoxe en día hai máis oferta. Son moitos os puntos de entrada que a xente ten neste tipo de obradoiros. Moitas veces non é so lanzarse a escribir senón descubrir outro tipo de métodos de traballo.

-Non se bota de menos isto nos centros educativos?

-Eu creo que si. De feito outro tipo de traballo que facemos é visitar moitos centros der ensino. Moitas veces ocorre que ti vas alí e fas a túa xornada de traballo que é o teu obradoiro, que funciona moi ben, pero algunhas veces os propios docentes están faltos de ferramentas para poder traballar a palabra na aula, non historia da literatura, senón a propia escrita. Nós facemos ese traballo porque somos conscientes de que hay un espacio aí moi importante, no que moitas veces os propios currículums académicos non prestan atención e é algo fundamental. Entrar na descuberta da palabra por medio de outros lugares. Polo tanto debería prestarselle moita máis atención.

-Como se soluciona este problema?

-Creo que todo é necesario. Creo que son necesarios os laboratorios de bioloxía e tamén este tipo de talleres. Ás veces dividimos moito letras e ciencias e non é verdade porque nos dous campos hai unha vontade de descubrir, unha vontade e unha oportunidade de asombrarse. Creo que todo o que ten que ver co aprendizaxe ten unha oportunidade para asombrarse. E toda persoa ten dereito a asombrarse e o dereito a traballar coas emocións. Os decentes están demasiado estresados con ter que cumplir obxectivos que o erro non está neles.

-Continúa sendo sexista a poesía?

-Non. Para nada. Nós traballamos para todo tipo de público, os meus obradoiros veñen tanto homes como mulleres. É certo que houbo moito interese en diferenciar a narrativa como xénero de homes a poesía como un xénero de mulleres, imaxino con un interés económuico. Pero en todo caso creo que é un erro.

Compartir el artículo

stats