Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

María Gracia Santorum: "Os que traballamos no ensino vemos que as adolescentes son moi machistas"

"Sería ideal que viñeran máis homes que mulleres ao clube de lectura feminista"

A profesora Gracia Santorum posa na biblioteca do IES Laxeiro de Lalín. // Bernabé/Gutier

A Biblioteca Municipal Varela Jácome de Lalín acolle esta tarde, ás 20.30 horas, a primeira xuntanza do Clube de Lectura Feminista para ambos sexos que coordena a profesora Gracia Santorum. A cita pretende consolidarse no eido cultural da localidade como un punto de encontro para participantes de todas as idades ao redor de libros de temática feminista

-Cando xorde a idea de facer un clube de lectura feminista na biblioteca municipal de Lalín?

-Hai moito tempo que tiña moitas ganas de que houbese en Lalín un clube de lectura, porque penso que era unha das grandes eivas culturais da vila. Todo empeza cando se inaugura a nova biblioteca municipal e falo coa concelleira e lle digo que debería facerse dende o Concello ou dende a propia biblioteca un plan de animación á lectura. Pero tamén creo que a cidadanía debe protagonizar este tipo de cousas. Non creo que sexa bo que só nos veñan darriba, das institucións, todo tipo de ofertas, senón que nós tamén debemos poñer en valor a nosa cultura e deberemos revalorizala. Debe ser o cidadán o que mova todo iso. Gustaríame tamén facer un clube de lectura para nenos pequenos, pero eu non podo facelo todo porque xa levo os do meu instituto e o de adultos de Silleda. O que me gostaría é que se mirase máis pola lectura dos nenos pequenos, porque considero que a nova biblioteca tén unha eiva enorme en canto á infancia porque lle deixaron moi pouco sitio.

-Por que un clube exclusivo de literatura feminista?

-A temática feminista interésame moitísimo porque hoxendía estamos vivindo un retroceso social enorme, e que hai máis machismo ca nunca. A mín educáronme moito máis feminista que aos rapaces de hoxendía, e penso que hai que loitar pola igualdade a todos os niveis. Por iso xorde este clube de lectura feminista na biblioteca.

-Hai material dabondo para organizar este tipo de clube?

-Temos para anos. Hai motísimo material. Ademais, nos últimos tempos está xurdindo unha morea de cómics feministas e álbumes ilustrados, que son os grandes descoñecidos para os adultos. Despois hai moitas novelas clásicas e actuais que tratan o tema da igualdade ou da desigualdade porque o clube de lectura feminista non significa que só vaias ler novelas feministas de autoras mulleres feministas, senón que hai moitos libros que están feitos dende unha óptica do home, e machista, e que hai que desmontar por medio deste tipo de clubes de lectura.

-É bo aclarar que o clube lalinense está a disposición de persoas de ambos sexos para evitar suspicacias, ou non?

-Ogallá veñan máis homes que mulleres. Sería ideal que tivéramos máis homes entre os participantes por razóns obvias. É moi necesario abordar o tema nos tempos que corren porque os que traballamos no ensino comprobamos que os adolescentes son moi machistas. As adolescentes mulleres son moi machistas, pero é que a educación dos nosos alumnos e alumnas é o reflexo do que se vive nas súas casas. Quero decir que eles non están inventando nada porque os nosos adolescentes non son revolucionarios como eramos nós fai tempo, que estábamos sempre en contra dos nosos pais. Ao contrario, os de hoxe seguen moito a corrente da súa casa. Na súa casa son de dereitas, eles son tamén de dereitas, e na súa casa son machistas, e eles son igualmente machistas. Estamos vendo que hai un retroceso social moi grande nestes rapaces.

-A que pensa vostede, como docente e como nai, que se debe esa situación que está a describir?

-Non sei a qué se debe. Ademais, nunca traballamos tanto este tema como agora. E non só de igualdade, en xeral todos os relativos aos dereitos humáns. Sabemos que no resto de Europa están aínda peor que nós. Eu creo que contra isto se loita coa cultura e, por supusto, co fomento á lectura.

Compartir el artículo

stats