Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Pegadas do Neolítico en Agolada

Descobren unha mámoa e un petróglifo sen catalogar no monte de Gurgueiro

Pedras da mámoa encontrada en Agolada. // Ángel Utrera

Algúns chámanlle o triángulo máxico, o que conforman as terras de Axiaz, Laxosa e Ventosa, e é que as terras do Deza aínda gardan no seu interior achegas xeográficas que descubrir que falan moito do noso pasado.

Foi de casualidade, pero unha ruta en bicicleta por Agolada deu cunha mámoa e con novos petroglifos nos montes de Gurgueiro, no conocido popularmente como Monte das mines. Ángel Utrera e Antonio Diéguez, veciños de agolada, atopáronse en pleno século XXI cunha pequena parte do Neolítico: sete chantos colocados de forma circular conformaban a mámoa descuberta. Trátase dunha nova localización de restos arqueolóxicos pendentes aínda de catalogar. Ao igual que o que este amante da vella arqueoloxía atopou pouco depois. En As Gándaras cinco rochas deixaban á luz uns debuxos que antes de que o paso do tempo fixera mella neles, debían de ter boa visibilidade. Pequenas cruces, círculos ou coviñas de diferete profundidade, unhas marcas e grabados superficiais que responden ao nome de petroglifos. Era o que os castrexos facían para protexerse dos meigallos que a xente atribuía a estes lugares.

As pedras presentan debuxos circulares e algún en forma de cadrado, polo que según cree Utrera "podemos dicir que se trata dunha nova aportación, un novo achado de petróglifos, ata o de agora descoñecidos".

Indicios dun castro

Ademais desto explica que "a pesar dos traballos agrícolas e as modificacións realizadas co paso do tempo no entorno, aínda se conserva unha curiosa e peculiar forma circular que fai pensar na existencia dun castriño, algo que certificamos cando moi cerca atopamos a Igrexa e o seu cruceiro".Utrera fai referencia a influencia que exerceu a Igrexa Católica na cultura castrexa logo fo Concilio de Trento, ao demonizar todo o relativo ao chamado popularmente "Mouros" por parte dos tribunais da Santa Inquisición. Por esa mesma razón, Utrera non descarta a posibilidade de que existise algún recito da tipoloxía do castro nesta mesma zona. Entras as achegas que se fiexeron no lugar nos últimos anos asegura que tamén se atoparon muíños de man no mesmo sitio.

En moitas ocasións, este tipo de achados pasan desapercibidos incluso para os expertos, debido á cantidade de vexetación que co paso do tempo foron tapando gravados e sepulcros como este da época megalítica.

Compartir el artículo

stats