Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Antonio Touriñán Rodríguez: "Somos de beber, pero máis de papar"

"Nun porco podes sacar punta dende a punta do rabo ata a punta do fouciño"

Touriñán posa co cartaz da primeira Festa do Porco de Silleda.

A Asociación da Comisión de Festas de Verán de Silleda porá en marcha unha das súas principais iniciativas do calendario de actividades, a I Festa Gastronómica do Porco, que se estrenará en Trasdeza os vindeiros 10 e 11 de decembro. A cita culinaria, na que participan unha ducia de restaurantes da localidade, produtores de porcino e outros colectivos, celebrarase na rúa Pintor Colmeiro durante estas dúas xornadas. O popular actor Xosé Antonio Touriñán será o encargado de presentar esta festa.

-Qué lle pareceu o seu nomeamento como presentador dunha nova festa gastronómica?

-A verdade que coma sempre que pasa neste tipo de cousas, é todo un honor que pensaran en min porque ademáis de ser a primeira festa, de entrada, chegas a preguntarte si o fixeron porque me parezo ao porco pola parte boa ou pola parte mala. En serio, supoño que é polo tirón que temos en televisión e polo nivel de popularidade que agora está nun momento moi alto. A verdade é que son xente moi amable, que ten moita vontade de facer algo importante coa festa do porco, e para moitos é a primeira vez que se menten nesta tolura de facer unha festa gastronómica. Eu lles decía si sabían onde se metían porque aquí as festas para comer son un éxito rotundo.

-Qué nos pasa aos galegos coas festas gastronómicas que non podemos vivir sin elas?

-Eu creo que históricamente houbo moita xente que pasou fame e iso repercute agora nesta historia de comer. Non sei, pero vas polo mundo adiante e non hai esta cultura que temos de encher a mesa de cousas todolos días, e non solo nas festas porque antes solo se comía ben o día da festa supoño, por eso había que comer moito, pero hoxe en día seguimos sendo uns exagerados. Esto ven das nosas nais. Polo menos na miña casa, con miña nai e miña avóa, dicían eso de non marches con fame, espera que che fago algo. Xa podías comer tres ou catro pratos que para elas sempre estás delgado e sempre comes pouco. Mira o meu caso. Pois elas din sempre que estou delgado. Somos de comer, de beber tamén, pero somos moito máis de papar e de facer moita vida ao redor dunha mesa, que é o centro de debate neurálxico dos galegos.

-Hai unha fórmula para presentar este tipo de eventos?

-Non o sei, eu creo que cada ún terá a súa maneira de facelo. Eu sempre fixen pregóns e actuacións deste tipo dende personaxes porque fixemos moitos cando éramos Mucha e Nucha. A mín cóstame un pouco facelo dende Touriñán porque sempre creas un personaxe hasta para os pregóns. Eu creo que sí teño a miña fórmula para estas cousas. Tamén che digo que unha festa como a do porco non é das máis complicadas porque o porco o que ten e que todo se lle aproveita. Xa solo con todas as partes que ten un porco e moito máis fácil presentar ou facer un pregón que ao mellor na festa do alvariño, por poñerte un exemplo. Nun porco podes sacar punta de casi calquer parte das que te falo, dende a punta do rabo ata a punta do fuciño. Fíxate canta punta se pode sacar.

-Debe de se duns actores que máis traballa en Galicia, cómo fai para compaxinar tantas facetas?

-A verdade é que teño moito traballo. Teño o programa semanal na tele co Land Rober, que estamos a tope e seguirmos todo o Nadal. Ademáis imos facer un especial de Nadal na compaña de Marcos Pereiro con personaxes, e sigo facendo teatro porque teño todolos fines de semana monólogos de todo tipo. Tamén rematamos en Vigo o día 9 a xira de Curtis e Teixeiro con Feerico Pérez. Xa che digo que non teño vida. Aparte de todo eso, empezan as ceas de amigos e de empresa. Como din os adestradores de fútból, agora ven a etapa dos Alpes, dos portos de montaña, os partidos díficiles. A min tócame agora todo eso e a ver cómo remata o tema. Pero non me queixo para nada porque penso que son un privilexiado por ter tanto traballo por diante nunha profesión tan complicada.

Compartir el artículo

stats