Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Reivindican a conservación da oliveira do cemiterio de Ponte

Reclaman a declaración de Árbore Senlleira, como a sobreira de Siador -Piden que se faga unha valoración técnica do seu estado

Vita da oliveira de Ponte, no camposanto parroquial.// Pablo Santomé

Veciños de Ponte denuncian o mal estado no que se conserva nestes intres a oliveira ubicada no camposanto da mesma parroquia. A situación que está a vivir unha das árbores máis simbólicas de Trasdeza, xunto coa sobreira de Siador, levantou a voz de alarma nas redes sociais buscando un debate e unha toma de conciencia sobre que se debería facer. A ubicación da froiteira, rodeada de varios nichos e un valado de pedra, impide que se desenvolvan as súas raíces como deberían. Apenas un metro cuadrado permite a este árbore continuar co seu medre. O escaso espazo que ten desencadenou que o muro que está ao seu pé xa teña varias fisuras, isto supón un grave perigo porque pode provocar un derrubo da construcción que podería rematar incluso co derrubo da propia oliveira.

Así é que os veciños comezaron a abrir o debate sobre se se debería facer unha actuación urxente para a súa conservación e ademáis de iso se se tería que declararr a protección oficial da árbore, esto é, declaración como árbore senlleira. Cos mesmos pasos que sigueu a sobreira de Siador.

Non só o muro supón un atranco para o medre da árbore, senón que os nichos ubicados tamén ao seu pé, teñen risco de derrubo, polo mesmo feito, as raíces continúan abríndose paso. Por esa mesma razón, algúns propietarios incluso aplicaron a motoserra nas raíces cos conseguintes danos para a árbore, que xa se creen irreparables. O factor humano volve a ser crucial no estado da oliveira, pero non só nisto, senón tamén nas podas que se lle están a facer. Os veciños que intentan arrincar as ramas, sen coñecemento sobre como facelo, leva á creación de ocos podridos que non conseguen rexenerarse.

Con todo isto, xa son varios os que demandan que tanto as administracións como a propia Igrexa tomen mans no asunto e decidan facer algo para poder conservar a árbore. Entre as peticións que se fan, reclámase que se lle realice a este froteiro tricentenario unha valoración técnica do estado para poder aplicar os coidados que precisa antes de que sexa demasiado tarde. Ademais, consideran que debe financiarse a retirada dos nichos que a rodean para poder deixarlle espazo para continuar co seu medre, e desta maneira, non sufrir máis danos dos propietarios dos mesmos nos seus intentos de salvar as sepulturas das raíces da árbore.

A oliveira data, aproximadamente do primeiro terzo do século XVIII, creen que a árbore é parella a construcción da hermida da Virxe dos Remedios, agora sustituída pola igrexa parroquial e o seu camposanto, ambos de 1903. A pesar de que esta especie sexa típica do mediterranio, os residentes da parroquia silledense acostumáronse a ver enrolar o tronco a carón do seu santuario relixioso. Esta oleaeuropaea foi capaz de resistir ao frío dezao, unha resistencia equiparable a que fai as súas follas perennes, pero non inmortais. O preocupante é que o que non está aguantando esta olveira é o paso do ser humano polas súas proximidades.

Compartir el artículo

stats