21 de octubre de 2016
21.10.2016

A Lomce saca á rúa aos alumnos de Lalín

-Estudantes de ambos centros de ensino sumáronse as protestas en contra esta ley -Piden a eliminación destas probas e salientan o seu "desconcerto e preocupación"

21.10.2016 | 03:08
Estudantes o IES Ramón Mª Aller Ulloa protestan polas rúas de Lalín // Bernabé/Javier Lalín

Os movementos en contra a Lomce e as súas reválidas tamén chegaron aos centros educativos de Deza, pero exclusivamente á cabeceira comarcal. Alumnado tanto do IES Laxeiro como do Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín botáronse a rúa para mostrar a súa disconformidade con esta nova lei. Estudantes de ambos centros educativos apoiaron a convocatoria da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, e desta forma, durante o recreo, esixiron a derogación da lei e a eliminación destas probas que van a ser fundamentais para entrar na universidade xa dende este ano.

Os alumnos do IES Laxeiro aproveitaron un dos tempos de lecer para reunirse as portas do instituto e ler en voz alta, apoiados por algúns dos seus profesores, un artigo publicado pola clase de Psicoloxía de segundo de Bacharelato no FARO DE VIGO. Ademais de ler o escrito no que mostran a seu "desconcerto e preocupación" sobre o "descoñecemento do tipo de proba que nos permitirá acceder a Universidade", Belén Taboada Ramos, alumna do centro e voz dos estudantes alí presentes, explicou a campaña que están promovendo varias alumnas dende este centro de ensino. Nesta iniciativa instan á todos a subir ás redes sociais unha foto baixo o lema #NinreválidasninLomce. A esta campaña xa se sumou xente de diferentes partes de Galicia, explican, e incluso o alcalde lalinense, Rafael Cuíña, e a concelleira de Cultura, Lara Rodríguez, presente na protesta.

Pola súa parte, máis de unha trintena de estudantes do IES Ramón Aller Ulloa, partiron do instituto e percorreron as rúas de Lalín con unha pancarta na que se podía ler o mesmo lema co que pretenden encher as redes sociais, ao que se lle sumaba a frase : "Outra educación é posible". Os alumnos, principalmente de bacharelato, pasaron polas rúas máis céntricas do casco urbano lalinense protestando en contra desta nova lei e esixindo, como os seus compañeiros, a eliminación destas probas.

Porén, estos estudantes foron os únicos que se sumaron en Deza as protestas convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, pois alumnos de outros centros como os do IES Pintor Colmeiro de Silleda ou os do Marco do Camballón de Vila de Cruces, non se sumaron, aínda que directores de ambos centros certifican que sí que teñen unha proposta de convocatoroa para o próximo mércores día 26 promovida por parte do Sindicato de Estudiantes.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine