Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xocas Meijide: "Hoxendía é moi difícil producir un disco con banda o orquestra"

"O clarinete baixo é descoñecido para a maioría da xente, malia ser o instrumento para o que máis se escribe neste século"

Xocas Meijide. // Víctor Echave

O clarinetista lalinense Xocas Meijide atópase inmerso na presentación de The Wind Factor, traballo discográfico editado por Xingra e gravado xunto á Banda Municipal de Música da Coruña. O álbum, que inclúe un concerto de clarinete baixo solista e banda, será presentado o próximo 9 de xuño (20:00 horas) no centro sociocultural Ágora, da cidade herculina. O músico e productor galego Nani García, quen tamén colabora no disco, estará presente nun concerto no que ademais estreará o seu preludio para banda sinfónica For whom the idiophones toll? As entradas para asistir á actuación serán gratuitas ata completar o aforo.

-O título The Wind Factor é unha referencia á maleabilidade melódica que poden chegar a ter os instrumentos de vento?

-Si, e dentro disto están os recursos que ten o clarinete baixo, que é un instrumento descoñecido para a maioría da xente, mais para os compositores non, porque é o instrumento para o que máis se escribe no século XXI.

-En que momento descubriu que ese factor vento era o seu punto forte na música?

-Eu levo co clarinete desde os seis anos. Os músicos galegos e españois saíron de bandas de música, aquí case non hai orquestas, e en tódolos pobos de Galicia hai unha banda. É imposible que haxa outra opción porque ou tocas iso ou percusión. O do clarinete baixo é especial, porque empecei co clarinete e agora dedícome aos dous como solista. O clarinete baixo, ata que veu dar un curso un holandés que pasou por Galicia e me levou a estudar alá, non tiña nin idea de como era, ninguén o tiña nunha banda.

-Transcurriron seis anos desde a conclusión deste traballo ata a súa publicación. Cal foi o motivo desta espera?

-Hoxe en día é moi difícil sacar estas cousas ata que tes un pack completo. Os outros graveinos hai dous anos e decidín quitar algo coherente. Este tipo de traballos facémolos esencialmente para mostralos ao público.

-Que complica sacar este tipo de proxectos adiante?

-Eu teño a sorte de tocar na Banda Municipal da Coruña, senón é imposible poder producir un disco cunha banda ou unha orquesta. Hoxen día, nese formato, é moi complicado. No mundo das artes estamos todos pillados, e para que poida funcionar ben aínda non chega, porque temos problemas coma todos de cubrir as prazas. Pero esperemos que isto se solucione en pouco tempo.

-Aínda así, gozan da boa resposta do público.

-Aí é onde está o forte da banda; énchense todos os concertos, e porque non tocamos máis na rúa. É algo que lle hai que acercar á xente, ademais na Coruña hai público para isto, en moitos sitios non, pero aquí si.

-Nani García e vostede levan un tempo colaborando, como xurdiu este vínculo musical?

-A gravación do disco Doubles fíxena no estudo de Nani García e Javier Ferreiro, e alí nos coñecemos e houbo moi bo feeling, e desde entón Nani comezou a componer para min, e xurdiu este concerto que é maravilloso. Somos amigos e intentamos traballar todo o que podemos xuntos.

-Compaxina as gravacións coa súa faceta de mestre na Escola de Músicos. Para cando un disco cos seus alumnos?

-Estouno gravando. Tocará Carla Gómez, que gañou un concurso en Berlín e interpretará un repertorio solista. Son rapaces e leva tempo, pero estou a punto de rematalo.

-Algunha outra gravación entre as súas previsións?

-Agora teño o espectáculo Doubles, que fago co poeta Celso Sanmartín e que combina a música contemporánea coa poesía, e despois toco de concertista, xa que son un dos poucos especialistas de clarinete baixo. Pero para as agrupacións segue a ser difícil contratar a alguen de fóra.

Compartir el artículo

stats