Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Chus Caramés: "Os Encontros favorecen o diálogo entre xeracións, que cada vez está máis perdido"

"As institucións deben apoiar o labor das asociacións, que son o motor da comunidade"

Gaiteiros tocando xuntos na anterior edición dos Encontros. // Bernabé/Luismy

O entorno do mosteiro de Carboeiro acolle o vindeiro sábado, día 4, os XVII Encontros de Música Tradicional, que xuntan a centos de persoas nun dos enclaves emblemáticos do territorio de Silleda. A Asociación Santa Ferreña, da que forma parte Chus Caramés, é a encargada de organizar un evento do que a primeira edición se celebrou na Casa de Cultura de Silleda.

-¿Cómo foron os comezos destes Encontros?

-A primeira edición durou tres días e estivo organizada polo grupo Dame Lume, da Bandeira, e máis o colectivo Adellís. A intención era dar mostra da nosa cultura tradicional e popular. Daquelas había en Silleda a intención de montar unha banda de gaitas similar á que hai en Ourense, pero ó final esta idea quedou en nada, porque este tipo de formacións non se tradicionais, ainda que se querían amosar como tal. Nestes tres días dos primeiros Encontros houbo, entre outras actividades, concertos, mostras de títeres e contos. A raíz da boa resposta do público as asociacións decidimos sumar esforzos para difundir a música de raíz. O colectivo de Santa Ferreña creouse a partir do terceiro ou cuarto ano e en exclusiva para organizar os Encontros. Pero voltemos ós inicios: na segunda edición xa nos aventuramos a facer unha festa no entorno de Carboeiro, que daquelas apenas tiña actividade cultural, e dende entón todos os anos repetimos enclave.

-¿Pódese pensar que nun futuro cómpre un lugar máis amplo que Carboeiro para esta festa?

-Non, porque xa hai moita xente que asocia o mosteiro de Carboeiro coa romería do primeiro sábado de xuño.

-¿Cal é a finalidade destes Encontros, á marxe de difundir a música e cultura tradicionais?

-Ante todo, é unha festa que pretende poñer en valor o noso patrimonio inmaterial, facendo unha festa ó xeito de antano, como se facían antes. A esta cita achégase xente de todas as idades, por iso os Encontros favorecen o diálogo entre xeracións, que cada vez está máis perdido.

-A festa conta cada ano con maior afluencia. Está claro que hai un revulsivo en canto ó apoio social á música de raíz. Pero ¿é suficiente o labor das administracións? ¿Deberían implicarse máis en lugar de deixar todo o traballo a asociacións e colectivos?

-Desde a miña experiencia na organización dos Encontros, teño que dicir que éstes houbo anos en que tiveron máis apoio institucional e outros no que tiveron menos. O que teñen que facer as institucións públicas é apoiar con todo o que se poida o labor que fan as asociacións, que en realidade están a ser o motor cultural da nosa comunidade.

Compartir el artículo

stats