Outro lalinense da saga dos Aller cobrou inesperado protagonismo no acto de onte. Trátase de Victorino Gutiérrez Aller, notario xubilado de Lalín, que será nomeado Fillo Predilecto, segundo desvelou o alcalde, Rafael Cuiña, en presenza de varios dos seus familiares. Entre os méritos do futuro homenaxeado destacan a utilización do galego no ámbito notarial, pois redactaba na lingua vernácula todos os seus documentos, agás petición expresa do cliente. Gutiérrez Aller é autor de varias publicacións e goza xa da insignia de ouro da Irmandade Xurídica Galega.