Inmerso na distribución do seu libro Tattoos da Galiza, o Clube da Lingua xa tén a punto outra actividade para a dinamización do galego. Hoxe presenta no IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces, a curtametraxe que se realizou en colaboración co colectivo Canto Galpón, que é un grupo de xente nova de Vila de Cruces que tén en internet a serie de humor Frases Galegas, que poden consultarse en http://cantoghalpon.gal.

A curtametraxe pretende sensibilizar á comunidade escolar ante o problema do acoso escolar, e céntrase no campo das agresións verbais, insultos, prexuizos e discriminacións. Co lema Non olles para outro lado, esta peza audiovisual conta coa participación no guión e na interpretación do alumnado do Clube da Lingua. A realización artística é de Nerea Fiùza e Adela Otero, aínda que tamén participaron os exalumnos Vítor Pinheiro e Juan Salgado.

O proxecto é o resultado da implicación do Clube da Lingua-Equipo de Normalización no proceso de elaboración do Plan de Convivencia do instituto cruceño e que impulsa a comunidade escolar.