Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Festa de San Brais de Monteagudo en Codeseda

Adiántase ó 30 por recaer en Entroido o domingo seguinte ó 3, día no que veneran a San Brais para a curación dos males de gorxa

Imaxe da ermita de San Antonio de Padua, na que Monteagudo venera as imaxes de San Brais.

O sábado, día 30 de xaneiro, celébrase a festividade lúdica de San Brais no lugar de Monteagudo, parroquia de San Xurxo de Codeseda. Este ano adiantase a festividade deste Santo que se venera no calendario o día 3 de febreiro, pero ao ser o domingo seguinte de Entroido tomouse a determinación de celebrar a festividade pagán o día 30 de xaneiro, pola mañá salva de foguetes, ás 13.00 horas misa +solemne seguida de procesión acompañada de gaiteiros e tirada de foguetes de palenque. Pola noite verbena amenizada polas orquestras "Esencia e Gran Parada".

O día propio, 3 de febreiro misa ás 12 horas na ermida de San Antonio de Padua, onde se venera as imaxes de San Brais, de moita devoción entre os romeiros, para a curación dos males de gorxa. Nesta pequena ermida, que se ergue sobre unhas rochas no mais alto do lugar de Monteagudo, atópase rodeada de unha fermosa carballeira. Ermida de nave única e planta rectangular, toda ela en perpiaño de granito de gran regularidade, fachada lintelada e sobre a mesma espadana dunha soa campá, rematada nun pináculo. No seu interior nada máis entrar pola porta, atopámonos con dúas pilas talladas en pedra, unha a cada lado, para auga bendita, que proveñen da desaparecida ermida de san Roque. Sobre a metade do templo e a nosa esquerda, pódese apreciar a inscrición sobre unha pedra da fundación. Na cabeceira da ermida encóntranse nun precioso retablo, de clara ascendencia de estilo rococó pola súa decoración en rocallas e a policromía empregada para realzar as diferentes partes do mesmo.

A estrutura do retablo cubre todo o testeiro dun solo corpo dividido por columnas corintias entre rúas e un ático sobre a canle central. Retablo iconográfico, parte superior San Roque, San Antón no centro, a quen está adicada esta ermida, acompañado de dúas imaxes de San Brais a cada lado.

San Brais fixo milagres, como o da nai que lle levou ao seu fillo que se estaba atragoando cunha espiña, salvándoo con rezos e impoñéndolle as maos. Represéntase con hábitos de bispo e báculo, entre os seus atributos, destaca o peite de cardar, co que foi torturado, velas e un neno que lle está curando a gorxa.

Unha pequena imaxe de San Brais é a que se impón aos fieis devotos con estas verbas "Que San Brais che libre dos males de garganta, amén."

Compartir el artículo

stats