Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Un castro con distintos nomes

As principais agresións sufridas foron pola apertura dun camiño, arredor de 1918

Panorámica dunha parte do Castro de Sestelo. // A.P.

O Castro de Sestelo está catalogado por Patrimonio e recoñecido entre o vecindario cercano por diversos nomes: A Aurela do Castro, o Castro Distelado, O Castro, O Castro de Botos.

O castro de Sestelo localizase na marxe dereita do río Asneiro, aproveitando un dos meandros encaixados que aparecen entre as parroquias de Soutolongo e Botos, adaptándose a un saínte ben formado na rotura de pendente, polo que os sistemas defensivos ou de protección deste poboado aproveitan ás condicións naturais do terreo por tres costados (oriental, meridional e occidental), mentres que, no flanco setentrional, articuláronse unha serie sucesiva de parapetos, foxos e murallas para o seu aillamento. A diferencia máxima de altura ou desnivel entre o castro (470 metros) e o río Asneiro (435 metros) é duns 35 metros e as pendentes acadan valores moi altos (entre un 50%-70%), facilitando a súa defensa.

O castro adaptase perfectamente á forma do terreo, presentando un recinto superior ou croa, pola parte meridional, rodeada por un forte terraplén e un antecastro, relativamente extenso, polo lado setentrional, protexido por varias liñas defensivas, sendo ás máis externas dous foxos paralelos, moi colmatados por recheos. En conxunto ocupa unha superficie algo superior a dúas hectáreas, correspondéndolle á croa rochosa, pola parte interna, unhas 0,37 hectáreas.

Lendas

Respecto deste castro conserváronse varias lendas relacionadas coa presenza dos "mouros", coa existencia de pasadizos subterráneos que levan ata o río ou que pasan por debaixo del para comunicar co castro de Vilar, unha perigosa viga de ouro e alquitrán ou muiños de mouros que se escoitan funcionar por debaixo da "Aurela" Tamén ten sido obxecto dalgún oculto desconxuro na procura de tesouros ocultos

Segundo información dos veciños, foron desenterrados diversos anacos de cerámicas cando fixeran estivadas no castro e logo, cando se ancheou a pista que leva cara á central hidroeléctica, nunha sección da mesma, apareceu abudante cerámica, anacos de barro con improntas de varas (recebo de vivendas feitas con varas entrelazadas), anacos de muiños de man, cantos rolados recollidos no río e pedras de construcción de cantería. Estes últimos materiais foron localizados no antecastro, nun sitio que debeu corresponder a unha cabana castrexa.

As agresións que ten sufrido este xacemento arqueolóxico veñen dadas, especialmente, pola apertura do camiño da central hidroelectrica que se construiu, arredor do ano 1918 para transportar o material e as turbinas da "Fábrica da Luz", atravesando as estructuras do antecastro e pasando ao pé do terraplén da "Aurela" ou croa. No ano 1987, nunha tentativa veciñal para recuperar a ponte arrasada pola enchenta da cicloxénese producida polos restos do furacán Hortensia (no ano 1984), foi ancheado este camiño ata sobrepasar os catro metros e no ano 2012, unha escavadora da Deputación, ampliou o camiño ata sete metros pero, despois dunha intervención silenciadada de Patrimonio restituiuse parte del ao estado anterior.

Compartir el artículo

stats