24 de julio de 2014
24.07.2014

Teclado galego para o móbil con sinatura de Rodeiro

A rodeirense Maite Vence realiza, en colaboración coa firma Cilenis, unha aplicación que propón un teclado en galego para "Android"

24.07.2014 | 08:20
Maite Vence, primeira pola dereita, xunto o resto de persoal das empresas Faz e Cilenis que desenvolveron a aplicación para móbil en galego.

Unha nova aplicación para o móbil permite escribir con corrección en galego. Trátase do Teclado Galego Android que plantexa alternativas e diccionario con máis de medio millón de entradas. Detrás desta iniciativa, que se mostrou o público a comezos desta semana, atópase a rodeirense Maite Vence, da empresa Faz. Xunto con esta firma participou Cilenis, que man a man desenrolaron esta aplicación gratuita. Trátase dunha ferramenta innovadora tamén a nivel tecnolóxico e que presenta unha solución frente as versións estándares distribuidas noutros idiomas.

Coa chegada das novas tecnoloxías as línguas sufriron, en gran medida un deterioro. O acurtamento de verbas, a introducción de palabras foráneas ou a falta de alternativas para as línguas minoritarias fronte a supremacía das linguas más faladas, son exemplos dos obstáculos que ó galego se lle presentaron neste eido. Porén, houbo quen tamén pensou en remediala situción e procurou buscar unha alternativa en galego. Así, despois de botar en falta o servizo e para cubrir esta necesidade dos usuarios naceu unha nova ferramenta en galego e feita por galegos.

Trátase dunha aplicación para móbiles Android que permite instalar no dispositivo un teclado en galego que posibilita non só a escritura senón que adxunta correccións nesta língua. Así, o "Teclado Galego Android é o imprescindible para escribir en galego en calquera dispositivo Android", segundo apuntan os seus creadores.

Detrás da iniciativa atópanse raices galegas, son as firmas Faz e Cilenis, con sede en Santiago de Compostela. Entre estes profesionais encóntrase a rodeirense Maite Vence, involucrada de forma directa no proxecto. A súa empresa, Faz, vinculada á Universidade de Santiago de Compostela (USC), traballa fundamentalmente no sector da innovación ligado á cultura. Neste proxecto colaborou de forma estreita co director de Cilenis, Isaac González, e co estudante de enxeñería informática, Álvaro Ordóñez. A aplicación, rematada hai un mes, veu a luz a comezos desta semana, despois de que Google tamén presentara hai cousa duns días a súa alternativa galega, aínda que, polo do momento, esta parece atoparse con algunhas dificultades que impiden o seu funcionamento.

Pola súa banda, a aplicación galega acumula vantaxas propias que a fan apetecible. Así, tratase dunha aplicación de balde, que inclúe un software libre que se nutre do teclado AOSP (Android Open Source Projet). A ferramenta permite escribir no dispositivo sen preocuparse das faltas de ortografía, ao incorporar un sistema de autocorrección. Os seus creadores destacan o "intiutivo e doado de usar que resulta".

Diccionario

Ademais, o seu dicionario conta con medio millón de entradas, e rexistra unha ampla variedade de erros comúns, contabilizando dez mil correccións preditivas e erros frecuentes. En definitiva, convértese nunha ferramenta letal contra as faltas ortográficas. "O corrector pon especial coidado a un dos erros habituais doutros correctores: as formas verbais conxugadas con pronome. Por exemplo, díxenlle", comenta Maite Vence. Así, neste apartado conta con máis de 50.000 alternativas. "Isto foi posible grazas ó coñecemento conxunto xerado con Cilenis Conxugador e aos estudos de lingüística do grupo de investigación ProlNat", matiza a emprendedora de Rodeiro.

Outra das vantaxas que acumula e que "conta con tres idiomas máis e así figuran, a parte do galego, o portugués, español e inglés", engade a rodeirense. Ademais deste proxecto, Vence atópase inmersa noutras propostas levadas a cabo en colaboración coa Consellería de Cultura e que pronto sairán á luz, aínda que, polo do momento, non revela máis pormenores.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia