Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Novas tendencias para un produto recuperado

Ademais dun medio de vida, Elena Ferro leva anos facendo zocos no taller familiar, tamén, para dignificar un calzado denostado durante moitos anos "polo que daquela significaba". Hoxe no obradoiro de Merza os Ferro atenden pedidos de clientes variopintos de toda Galicia e de fóra, que buscan un produto autóctono pero á vez exclusivo. Os modelos tradicionais de zocos de coiro e madeira monocor evolucionaron a outras pezas nas que caben una ampla variedade de cores e modelos. De cara ó verán Elena tamén comercializa sandalias e outros modelos que poden mercarse directamente, pois ten una serie predeseñada, ou, os que o prefiran, plantexar á creadora un modelo máis exclusivo ou distinto aínda se cabe. A revolución dos zoqueiros ten en Elena a unha das súas máximas expoñentes.

Compartir el artículo

stats