13 de febrero de 2014
13.02.2014

O tesouro que garda Brandomés

Estudantes do instituto cruceño descobren unha lenda inédita referida á existencia dunha espada no fondo do río Ulla

13.02.2014 | 01:40
Debuxo de Julieta Penas, alumna do instituto cruceño, alusivo á lenda da espada de Brandomés.

Hai dous meses que alumnos do instituto Marco do Camballón de Vila de Cruces comezaron a recoller lendas contadas por familiares e veciños para elaborar un Mapa dos Tesouros co que localizar os existentes no municipio asociados a esta tradición oral. Mergullados nese traballo de campo, hai uns días saltou a sorpresa: A aparición da lenda da espada de Brandomés, con dúas versións. Hai residentes que contan que existe unha, de ouro, que alguén guindou ao río Ulla trala morte dun guerreiro; otros sosteñen que a arma está no fondo do leito a altura do lugar coñecido como O Tesouro.

Seña como sexa, o certo é que se trata dunha lenda inédita en Galicia pois, se ben se teñen atopado máis de dez espadas da Idade de Bronce nos ríos galegos -algunhas delas no Ulla-, ata agora non se coñecía ningún relato de tradición oral vinculado a elas, o que fai importante o descuberto en territorio cruceño. O especialista en tradición oral e colaborador do centro cruceño, Antonio Reigosa, asegura que non coñece ninguha historia semellante á de Brandomés. Marcial Tenreiro, arqueólogo que tambén axuda aos alumnos neste estudo, sinala que hai poucas lendas deste tipo en Europa e que as existentes se remontan á época medieval.

Para non deixar esquecer este 'tesouro' verbal atopado nas terras de Brandomés, os alumnos, guiados polo seu mestre Sechu Sende, teñen intención de dar a coñecer a lenda e unha das primeiras cousas que farán será encargar a elaboración dunha reproducción desta hipotética espada aos compañeiros do Ciclo de Soldadura. Para elo, están estudando a tipoloxía destas armas aparecidas en distintos treitos do Ulla e contarán co asesoramento da arqueóloga e decana da Facultade de Historia de Ourense, Beatriz Comendador. "O que une todo isto é a lingua", destaca Sende.

A aparición deste tipo de material bélico nos cauces fluviais galegos explicase seguindo varias hipóteses, dende o rito funerario ata que son ofrendas a deuses, a feitos particulares como catástrofes ou rituais de guerra e conquista. Tenreiro vincula a de Brandomés coa do rei Artur e a espada Excalibur, ou coa do cabaleiro Roldán. Sobre esta última, por exemplo, tamén se fala en Guitiriz, onde se di que existe un penedo con tres fendas feitas coa arma do citado cabaleiro.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia