21 de julio de 2013
21.07.2013

"Pasar tempo fóra tiña que ser unha opción, non obriga"

21.07.2013 | 10:05

-Cal é o grao de apertura do mercado brasileiro no contexto económico de Latinoamérica?
-Brasil é un país moi proteccionista na súa estratexia de desenvolvemento, está entre os máis pechados do mundo, e continua a selo, a pesar da apertura comercial que iniciou hai unha década.
-E como repercute isto no seu crecemento?
-Esta razón é a que fai tamén que o comercio internacional con este país teña aínda un forte potencial de crecemento. No contexto latinoamericano é moito máis pechado que México, Colombia, ou Chile.
-Como valora a presenza de capital humano cualificado galego no Brasil e en Latinoamérica en xeral? Porque, cada vez máis marcha xente nova e cualificada.
-Creo que esta nova onda migratoria galega é unha perda de recursos irrecuperable para Galicia, unha desgraza para calquera país que pretenda seguir polo camiño do desenvolvemento. Pero en Galicia non se sentaron as bases para a creación dun sistema produtivo capaz de absorber todo este potencial humano, e agora todos pagamos as consecuencias.
-Daquela, estamos a vivir unha fuga de cerebros, máis ca unha oportunidade? Como o valoran fóra?
Saír fóra é sempre algo positivo e enriquecedor, sempre que o expertise adquirido no exterior poda ser aproveitado despois polo país de orixe, se é que a persoa decide volver, que no caso dos galegos penso que é bastante habitual. Pasar un tempo fora tería que ser unha opción máis dentro dun proceso de aprendizaxe, nunca unha obriga derivada dun sistema incapaz de xerar empregos de alta cualificación. Pero pola contra, cómpre dicir tamén que o capital humano galego cualificado está moi ben formado -polo xeral, en universidades públicas- e é ben valorado no exterior.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia