A xornada das Letras Galegas conmemórase hoxe na zona con distintos actos, aunque, ao ser festivo, os colexios xa adiantaron as súas actividades durante a semana. En Lalín está programado para as 20.00 horas no museo municipal Ramón María Aller unha homenaxe a Rosalía de Castro. A poetisa Lucía Aldao ofrecerá unha conferencia sobre a obra rosaliana e recitará algunhas das composicións da escritora galega. Estará acompañada por María Lado, nun acto no que tamén disertarán sobre o libro Cantares Gallegos.

na parroquia silledense de Parada os veciños encherán as fontes e lavadoiros da coñecida como "Ruta da Auga" do lugar con poemas e textos para homenaxear á literatura autóctona.