A bisbarra dezá lembrou onte a dúas persoas que, desde os seus espazos, contribuíron ao desenvolvemento da lingua e cultura galegas. A máxima expoñente do Romanticismo no país, Rosalía de Castro, e o actor e dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño foron recoñecidos en distintos eventos organizados por administracións públicas e coletivos sociais e veciñais na véspera do Día das Letras Galegas, que este ano adícanse ao xa denominado creador do "Bolañismo".

En Lalín o principal acto tivo lugar no monolito adicado a Rosalía de Castro, no parque da estatua de Loriga. Alí fíxose unha ofrenda floral á poetisa da Casa da Matanza co gallo do 150 cabodano da publicación da súa obra Cantares Gallegos. A concelleira de Cultura, María Álvarez, predideu o acto no que o gaiteiro local Plácido Rozas tocou o himno galego e a melodía da Negra Sombra rosaliana. A chuvia impedíu que acudira un grupo de alumnos do colexio Sagrado Corazón. - na residencia Nosa Señora das Dores cantou o coro do centro, ao que acudiron residentes de Geriatros.

No centro Vista Alegre da Bandeira representouse a peza teatral Entre nós, mulleres. En Vila de Cruces entregáronse os premios do concurso de marcapáxinas, que gañou Iria Moire, de 10 anos de idade, e alumna do colexio público. Na biblioteca, situada no auditorio Xosé Casal, programouse unha exposiciòn sobre Vidal Bolaño. - no colexio de Merza a festa das letras celebrouse con funcións e bailes e os alumnos escoitaron a Cristina Gende recitar algúns dos poemas do seu libro "Cunca".