A discográfica e editorial literaria Xonix Records, dirixida por Lolo Arincón, distribuirá de balde hoxe por unha ducia de establecementos comerciais e hostaleiros da comarca -a maioría na Bandeira e algúns de Silleda, Lalín e Vila de Cruces- un cedé conmemorativo do 150 aniversario da edición de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro. O disco componse de dous temas: Adiós ríos, adiós fontes, versionado polo grupo Tu mujer nos engaña, co propio Arincón á cabeza; e Non che digo nada, a cargo dos composteláns Faba, que veñen de gravar o seu primeiro traballo nos estudios da Bandeira. Asimesmo, Xonix regalará ao CEIP da Bandeira varios exemplares para potenciar entre os nenos a cultura e a música de Galicia.

A editorial de Arincón xa sacou dos libros á rúa de dous autores noveis galegos: O palabrego, do xornalista Héctor Cajaraville Araujo, e O río esquecido, do pensador Mitxel Álvarez Pereira. Os dous están á venda na Casiña dos Contos, da Bandeira.