16 de mayo de 2013
16.05.2013

O Inmaculada recupera a súa vea folk

O colexio María Inmaculada de Silleda presenta na súa Festa das Letras o seu novo grupo de baile tradicional, Airiños de Trasdeza, recuperado logo de 21 anos inactivo

16.05.2013 | 07:37
Un momento da presentación do grupo de baile, onte, no colexio María Inmaculada. // Bernabé

Foi o primeiro grupo de baile tradicional do Concello de Silleda. Creado en 1968, Airiños de Trasdeza desapareceu en 1992, trala marcha da súa profesora. Agora Manuel Vidueiros, mestre do colexio María Inmaculada de Silleda, toma o relevo e impulsa o nacemento da nova formación do centro. Onte os seus 14 bailaríns demostraron sobre o escenario o que levan aprendido. Foi aproveitando os actos de celebración do Día das Letras Galegas.

O colexio María Inmaculada de Silleda está de celebración por partida dobre. Onte adiantou o seu festival con motivo do Día das Letras Galegas, e fíxoo presentando o seu novo grupo de baile tradicional, Airiños de Trasdeza. A formación, que levaba 21 anos desaparecida, está capitaneada polo mestre do centro Manuel Vidueiros, e integrada por 14 bailaríns e una trintena de gaiteiros e percusionistas.

Fundado en 1968, "foi o primero grupo de baile que houbo en todo o concello", segundo Vidueiros. A marcha, en 1992, da mestra de baile, Teresa Pérez Tilve, supuxo a súa desaparición, aínda que o centro seguíu impartindo clases de gaita e percusión. Dende 1997 encárgase delas Vidueiros, quen tamén foi integrante da formación que chegou contar ata medio cento de membros.

O interese que a música folk desperta animou ao mestre a recuperar o grupo este ano. En setembro retomarán as clases, e o obxetivo para o próximo curso é mercar os traxes, organizar saídas e "tratar de crear unha asociación cultural, e abrila a todo aquel que queira participar", explica Vidueiros.

Próximas citas

As actividades con motivo do Día das Letras Galegas sucédense nos diferentes municipios. A Asociación Cultural Vista Alegre de A Bandeira acolle hoxe, ás 20.30 horas, a representación teatral Entre nós, mulleres, de balde. A biblioteca municipal de Vila de Cruces abre hoxe unha mostra sobre Roberto Vidal Bolaño e acolle a entrega de premios do concurso Marcapáxinas. Mentras, o centro Cerdeiriñas, de Piloño, pospón a representación de teatro prevista para hoxe ata o próximo xoves. En Lalín, este mediodía (12.30 horas), haberá una ofrenda a Rosalía de Castro diante do seu monolito no Parque de Loriga.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine