05 de mayo de 2013
05.05.2013
Cuarto crecente

O labrego de Castelao e a crise

05.05.2013 | 00:00

Lembro unha viñeta de Castelao na que un labrego lle di a outro que se non houbese monturas os ricos andarían a cabalo de nós. O autor de Sempre en Galiza soubo plasmar con tal mestría a idiosincrasia do pobo galego e a situación social e política da época que a súa obra transcende o particular para acadar o universal, polo que unha lectura dela pódese aplicar aos momentos que nos toca vivir.

Levamos xa un tempo de treboada mediática na que as novas sobre a crise, os escándalos políticos, a corrupción, os desafiuzamentos, as preferentes, etc., constitúen o cerne dos noticiarios e sen que os responsables de toda esa vilanía social recoñezan responsabilidades e aporten solucións ou, ao menos, dean explicacións convincentes.

Hainos aínda aos que non se lles cae a cara de vergoña ao aceptaren regalías que supoñen un serio agravio comparativo con respecto ao resto dos cidadáns. Tal é o caso do conselleiro delegado do Grupo Santander, Alfredo Sáenz, que deixa o cargo de vicepresidente da entidade cunha pensión de 88 millóns de euros, tras facerse firme a súa condena por un delito de acusación e denuncia falsa contra uns debedores de Banesto en 1994, banco controlado polo Santander e que entón presidía Sáenz.

No eido político temos á señora Esperanza Aguirre criticando a Rajoy por non aplicar as reformas con máis severidade, medidas que polo de agora non resultaron nunha mellora da economía nin na creación de postos de traballo, senón todo o contrario, e que non son outra cousa que unha grande estafa. En definitiva, ditas reformas o único que pretenden é empobrecer a sociedade para que o capital recupere as súas taxas de beneficios á custa dos salarios e, ao mesmo tempo restarlle capacidade de resposta aos traballadores ante unha crise que aínda non chegou á súa etapa máis crúa, a pesar dos brotes verdes.

Galiza, cada vez máis dependente das decisións que se toman en Madrid, ve como os seus traballadores máis cualificados deixan a súa terra e toman o camiño da emigración, como xa fixeran seus pais e seus avós, para atopar un emprego que aquí se lles nega. A taxa de desemprego dos menores de 25 anos chegou até o 50,6%, en tanto que os galegos e galegas de entre 25 e 29 anos de idade soportan unha taxa de desemprego do 32,5%. En termos xerais o número de parados en Galiza ronda ás 290.000 persoas (22,35%), o que contradí os supostos beneficios das medidas de recorte impostas polo Goberno de Rajoy.

Non obstante, existen políticas alternativas que paliarían en gran medida a actual situación e que redundarían en beneficio da gran maioría dos galegos, como son a creación dunha banca pública de noso, o aumento dos impostos ás grandes fortunas, a devolución dos aforros das preferentes ou destinar os miles de millóns de rescate da banca a apoiar sectores como o naval, o agro e a pesca, sectores estes últimos nos que Galiza ten enormes posibilidades.

Madrid impón unha política de recortes deseñada pola Troika (Comisión Europea, Banco Central Europeo e Fondo Monetario Internacional), que leva a achicar cada vez máis a capacidade de consumo dos traballadores coa conseguinte paralización da economía. Se unimos a isto a negativa dos bancos a concederen créditos ante a situación de incerteza, e a negativa do presidente español a aumentar os impostos aos máis ricos, temos unha espiral descendente á que aínda non se lle ve o final. Sen dúbida, as palabras do labrego de Castelao tiñan algo de profético.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine