24 de marzo de 2013
24.03.2013

Unha nova proposta lúdica e cultural

A posta en valor das instalacións mineiras como atractivo turístico e xerador de emprego é viable e urxente

24.03.2013 | 11:05
A antiga iglesia de Fontao forma parte das instalacións museísticas. // Diego Casal

O xacemento de Fontao está situado a uns 45 quilómetros de Santiago de Compostela e a 7 en liña recta ao suroeste da capital municipal. Está comunicado por estrada cos núcleos de poboación máis importantes da comarca e conta cunha saída da autopista a escasos 10 quilómetros, con conexión co resto da infraestrutura viaria do Estado e Portugal, mediante a autovía das Rías Baixas. A mina sitúase sobre as ladeiras oriental e occidental do Deza, onde o río oradou un canón con fortes pendentes que se van suavizando en altura. Enclavada nun entorno natural de gran beleza e moi cerca de varios atractivos turísticos de primeira orde como o mosterio de Carboeiro, a área biosaudable da Carixa, as cascadas do Toxa ou o santuario do Corpiño, entre outros.

Converter as instalacións mineiras de Fontao debe ser, como se dixo na primeira entrega, unha oportunidade aproveitada. Para elo debe ser un proxecto economicamente viable. É necesario, por tanto, realizar unha xustificación do interese do mesmo.

A minaría marca o desenvolvemento do noso país a través dos séculos. A explotación das nosas minas xerou un gran número de instalacións mineiras como fábricas, talleres, lavadeiros, pozos, galerías. Como as que se conservan en Fontao. Ademais, deixou ao descuberto afloramentos minerais, escombreiras, canteiras e un sennúmero de elementos relacionados coa actividade extractiva.

O declive da actividade mineira propicia o peche das minas e, con elo, o seu declive. O desmantelamento, expolio, vandalismo e deterioro xeral destas instalacións propicia a desaparición dun importante legado que xerado a través do tiempo e que nos fala dunha actividade fundamental para a propia economía e desenvolvemento dun país tal e como se desprende da historia das minas de Fontao desmiuzada en anteriores entregas.

En moitas ocasións as instalacións mineiras destacan polo luxo e delicadeza con que foron creadas e deseñadas. Temos bos exemplos na nosa mina.

Uso alternativo

A destrución de emprego e a degradación do medio social causada polo cese da actividade xera despoboamento e, en todo caso, a economía local resíntese fortemente. Moitos edificios e instalacións que poderían ter un uso alternativo deterióranse ata a ruína. Por outra parte, os ocos mineiros xerados quedan anegados, as bermas e taludes son cubertos pola vexetación e erosionados polos axentes atmosféricos, constituíndo un perigo para persoas e animais.

Frente á restauración do terreo das minas, existe a posibilidad de poñer en valor estas instalacións conservándoas e rehabilitándoas e destinándoas a un novo uso público, actuación que en determinados casos pode ser viable e que no caso concreto de Fontao é urxente e posible. Tras a rehabilitación das instalacións, estas convértense en atractivos turísticos capaces de xerar emprego e ingresos, modificando a degradación social.

Aínda así, é necesario xustificar a demanda social deste tipo de instalacións. As vantaxes de Fontao polas súas boas comunicacións, paisaxe, estado de conservación das instalacións mineiras, historia e cercanía a puntos de alto atractivo turístico é innegable, pero, podería o Museo da Minería de Fontao atraer as visitas necesarias para facer viable esta iniciativa? A resposta é si.

As minas constituiron, desde sempre, algo fascinante para a sociedade. Todos vimos o limos algunha vez acerca das minas de pedras preciosas explotadas en épocas bíblicas, das minas coloniais ou a febre do ouro en California. A minería foi unha constante en relatos históricos, románticos, de aventuras, debido a que a sociedade ten un interese polas minas e a minería.

Ademais, a sociedade ten, cada vez máis, unha sensibilidade, concienciación e interese polo patrimonio histórico. Debido á disposición de máis tempo libre e de maiores recursos económicos, prodúcese unha enorme demanda dirixida a descubrir este tipo de lugares.

250 museos en Europa

No estranxeiro esta demanda da sociedade foi detectada hai varias décadas, realizándose importantes inversións con resultados moi satisfactorios. En Europa existen case 250 museos e parques mineiros repartidos en 17 países recibindo de 30.000 a 800.000 visitantes anualmente. Un dos casos máis relevantes é a antiga mina polaca de sal de Wieliczka, declarada Patrimonio da Humanidade, que recibe 800.000 visitantes anuais.

En España non existen parques mineiros tal e como se encontran noutros países e, desde logo, ningún parecido ao que se propón realizar en Fontao. Aínda así, pódese citar a mina de Can Tintorer (Barcelona), que recibe 200.000 visitantes ao ano; o Museo de la Minería y de la Industria de Asturias (MUMI), cunha mina subterránea ficticia que visitan 85.000 persoas cada ano; ou o Museo Minero de Río Tinto (Huelva), que recibe 35.000 visitantes ao ano.

Ademais, non hai ningunha instalación do tipo que se propón para Fontao en Galicia.

Todos estes factores, unidos á calidade do contido expositivo do Museo da Minería de Fontao, ao apoio das administracións (Local, Autonómica e Estatal) e de diversos organismos e empresas vinculadas á minería, pode facer que consigamos o noso obxectivo, do cal poderiamos sentirnos orgullosos como cidadáns por constituir unha noble iniciativa encamiñada a contribuir ao benestar social, á recuperación do noso patrimonio e á xeración de actividade económica.

O noso traballo e talante xa está a disposición da causa; é un obxectivo cada día máis cercano non exento de dificultades, para o cal todos debemos aportar o noso gran de arena cunha actitude construtiva.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine