22 de octubre de 2011
22.10.2011

Usar, escoller e solicitar galego

Carlos Callón presenta en Lalín o seu segundo libro sobre a situación do idioma

22.10.2011 | 08:30
Carlos Callón deu a coñecer o seu libro no museo Ramón Aller, de Lalín. // Bernabé/Gutier

Despois de publicar o ano pasado ´En castellano no hay problema´, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística edita, da man de xerais, o volume ´Como defenderes os teus dereitos lingüísticos", en prol dunha maior equidade entre as linguas cooficiais de Galicia.

O museo Ramón Aller, de Lalín, acolleu onte a presentación do volume ´Como defenderes os teus dereitos lingüísticos´, no que Carlos Callón invita "a conxugar tres verbos: usar, escoller e solicitar galego". O primeiro deles está ben claro, "aínda que tamén debemos ter en conta que son moitos os castelánfalantes que defenden o galego como nexo de unión cultural", indica este filólogo. En canto ao verbo escoller, é posible poñelo en práctica "nas redes sociais, nos caixeiros automáticos dos bancos ou incluso na administración", onde o cidadán tén xa a posibilidade de demandar todos estes servicios en galego.
Pero hai que solicitar estas prestacións noutros ámbitos nos que o desequilibrio entre galego e español é moi evidente. Un deles é na educación. O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística apunta que, coa actual Xunta, "temos un modelo regresivo en canto ao uso do idioma. No pasado curso escolar, só se impartiron en galego o 20% das clases, o que non garante que, ao final da súa formación non universitaria, o alumno teña todas as competencias lingüísticas para empregar ben o idioma". É máis, "durante este goberno autonómico, non só non houbo ningún adianto en canto a un equilibrio entre español e galego, senón que só se produciron ataques contra este". De feito, os galegos en torno aos 20 anos xa non teñen a conexión afectiva coa lingua, posto que se educaron en español ou se lle transmitiron prexuizos contra o galego.
Sentenzas
Outra actividades na que cómpre insistir é na xustiza. De novo a Xunta "pón paus nas rodas", posto que eliminou a mediados do ano pasado un programa informático que permitía redactar as sentenzas en galego. Aínda así, "nós temos os nosos dereitos e podemos pedir todos os formularios correspondentes para que se nos atenda en galego", recalca Callón.
Para este investigador, a batalla non está perdida. "Queremos unha mellor vida para o galego, fronte a outros que queren que pase a mellor vida", ironiza. Aínda que a situación é peor que no tardofranquismo, as protestas que organiza A Mesa acode "moita xente que non é galegofalante, conscente da situación de desequilibrio. O futuro do galego está, precisamente, non que non son galegofalantes. Lembremos que Castelao, aos 17 anos, non falaba galego. Pois ben. agora temos moitos Castelaos e Rosalías que loitarán polo idioma", vaticina.
O libro, cunha tirada inicial de 1.500 exemplares, xa se usa como manual en varios centros educativos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia