09 de septiembre de 2010
09.09.2010

A costa da devoción

A Romaría do Faro reúne a feligreses e turistas na andaina

09.09.2010 | 08:30
Algúns feligreses subiron a costa de xeonllos. // Bernabé/Javier Lalín

O ceo estaba gris e as nubes deixaron caer algunhas pingas. Pero isto non impediu que todos os devotos se acercaran ata a capela do Monte Faro, en Rodeiro, para honrar á Virxe. Cada ano, veciños da zona e de fóra acoden a esta cita obrigada, que máis ca unha cerimonia relixiosa, se converte nun acto de superación. Algúns soben descalzos ou de xeonllos polo camiño que conduce á capela para mostrarlle o seu respecto á virxe ou simplemente para reflexionar.
Os 500 metros de costa deixan exhaustos aos camiñantes, e incluso provocan algún trastorno físico. "Levo tres anos facendo o camiño de xeonllos e a primeira vez deume ata febre", afirma Mª Carmen Regueira, veciña de Rodeiro.
Aínda así, moitos repiten cada ano. Nonita Álvarez, nada en Rodeiro, vive actualmente en Vigo, pero confesa que sempre acode a esta romaría. "Levo vindo dende os 7 anos, e os que quedan". Outros prefiren asistir con toda a familia. Tal é o caso de Ana Varela, José Ramón García e os seus dous fillos: Iván e Adrián, naturales de Portomarín. "Vimos todos os anos porque é unha tradición que tamén seguían meus avós e meus pais", declara Ana.
Outros simplemente fan o camiño para probar novas experiencias, como Carmen, veciña de Chantada. Despois de vivir moitos anos en Madrid e de estar rodeada de moita xente, Carmen considera que todo o mundo debería apartarse de vez en cando do barullo da sociedade e buscar o seu tempo para pensar. "Recorrer este sendero es un retiro necesario porque puedes reflexionar tú sola y la soledad produce cierto placer. De hecho, cuando me jubile haré el Camino de Santiago".
Casualmente, foi a Ruta Xacobea o que levou ao madrileño Juan García e á camboiana Sithy ata o alto do Monte Faro. "Íbamos haciendo el camino y un taxista nos animó a subir. Aun así, no escalaremos la cuesta porque es mucho", afirma Juan, mentres Sithy se queixa do mal tempo, posto que en Camboia a temperatura mínima ronda os 30º e hai un 90% de humidade.
A Romaría da Virxe do Faro xa non só reúne a devotos na súa tradicional camiñata, senón que agora tamén potencia o turismo. Trala misa coa Coral Polifónica de Taboada, os presentes participaron nunha emotiva procesión coa santa. Os postos de polbo e de churros quentaron e encheron o bandullo dos asistentes que quedaron a xantar.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
En estas fiestas, sobran los motivos para beber elaboraciones de vino gallego. En 2018, Galicia firmó la segunda mejor cosecha de su historiay nuestras bodegas despiden el año con un buen balance en todos los sectores