12 de julio de 2010
12.07.2010

O sorriso de Anisia acouga en Piloño

A Xuntanza Internacional das Artes Plásticas homenaxea á autora falecida

12.07.2010 | 08:30
Neira Vilas observa a imaxe da súa muller, descuberta onte en Piloño. // Bernabé/Javier Lalín

A fundación A Solaina de Piloño abreu onte o amplo programa de actividades da súa décima edición da Xuntanza Obradoiro Internacional das Artes Plásticas. Este ano participan nesta parroquia cruceña máis dunha vintena de artistas de distintas partes do mundo que, atopan en Piloño, o se universo particular para crear, nun entorno rural que é capaz de colocar a esta parroquia como un referente das artes plásticas no denominado universo global.

A escritora e poeta de orixe cubana Anisia Miranda recibíu onte outra homenaxe, das moitas que tivo desde o seu falecemento, en outubro pasado. Pero este tributo chegou desde moi preto de onde descansa e o seu sorriso trasladouse desde o universo de Gres, que compartíu coa súa parella, Xosé Neira Vilas, ata a parroquia tamén cruceña de Piloño. A homenaxe a Miranda foi onte o acto central da inauguración da décima Xuntanza Obradoiro Internacional das Artes Plásticas, que naceu da man de Paco e Carme Lareo, Paío, Armindo Salgueiro e outros aristas dezaos e veciños desta parroquia, que converteron desde hai anos A Solaina nalgo máis que un museo ou un grande taller artístico no que se acobillan creadores noveis de distintos paises do mundo.
Os actos oficiais comezaron ás seis da tarde, logo da recepción aos artistas chegados de lugares coma Kosovo, Estados Unidos, México, Holanda, Australia, Rumanía, de distintas zonas de Galicia ou da bisbarra. Desde onte, un busto en pedra de Anisia Miranda, deseñado por O Vila, súmase aos outros que hai nunha das dependencias da Solaina. Os gaiteros Plácido Rozas e Enrique Viz tocaron o himno galego, tralo que se entregou a título póstumo a Miranda a medalla Amiga da Solaina, que recolleu Neira Vilas. A organización da xuntanza tamén preparou unha mesa redonda na que se falou da vida e obra deste grande valor da literatura galega e custodio da fundación que leva o nome da súa parella. Concha Blanco, David Otero, Xosé Vázquez Pintor, Valentín García, Xosé Luna ou Luis Reimóndez Portela, foron algúns dos que analizaron a traxectoria vital da homenaxeada. A autora Rosalía Morlán, distinguida o ano pasado pola Fundación Neira Vilas no certame de poesía infantil Arume, recitou "A Coitada Lúa". Pouco despois, os nenos; para os que tanto escribíu Anisia, recitaron poemas seus. María Pena, Alba Codesido, Byron Blanco, Xabier Toubes, Nicolás Soto, Andrés Lareu e Tamara Soto foron os protagonistas deste acto, ao que tamén acudíu o alcalde cruceño, Jesús Otero.
A actuación de A Quenlla puxo a nota musical para despedir unha xuntanza que se retomará hoxe cos obradoiros artísticos. Pero as actividades proseguirán ata o videiro día 17, adicado á moda e a arte.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia