É profesor de Xeografía e Historia no primeiro ciclo da ESO no IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, e conta con dúas licenciaturas en Filosofía e Ciencias da Educación. Naceu en 1950 na parroquia lalinense de Vilatuxe e mantén uns fortes vínculos coa capital de España, onde residen moitos amigos e onde traballa o seu fillo. Manuel Dobarro perfila estes días un singular traballo que tén como cerne o ritual que cada ano leva a miles de devotos ao santuario do Corpiño. Fáltanlle cinco asignaturas para rematar a que sería a terceira carreira, Antropoloxía, deste erudito lalinense.

-Vostede xa ten varias licenciaturas. Por qué e cándo xurde a necesidade de facer unha carreira como Antropoloxía?

-Estoume facendo antropólogo porque me retou o chileno Raúl Iturra. Díxome que só podería rebatilo cando fose antropólogo, e agora quédanme catro asignaturas para rematar a carreira na UNED, dúas de cuarto e outras tantas de quinto.

-Qué é o que non lle gusta das teorías que defende Iturra no seu trabalo “Antropología económica de la Galicia rural”?

-É que o que expón nun textos seu que está colgado en internet non se corresponde coa realidade actual de Galicia, e en concreto con Vilatuxe. O que o lea pensará: “Imos á reserva espiritual de Europa a ver se tocan o tam-tam”.

-Cómo se pode explicar que todo un profesor de Oxford teña unha visión tan medieval da Galicia actual baseándose, por exemplo, no rito do Corpiño?

-Non o sei. Iturra chegou a Santiago no 74 porque viña fuxindo da ditadura de Pinochet e despois estivo en Vilatuxe onde, por certo, lle deron moi ben de comer. Dóeme que algúns queiran facernos parecer como a tribus de Tanzania, porque Iturra non é o único, está tamén Carmelo Lisón e o seu libro “Endemoniados en Galicia” que tambén expón unha visión incrible do rural galego. O meu traballo sobre O Corpiño é un traballo de investigación no que pretendo desvelar as falsas crenzas que hai sobre a realidade galega porque por aí fora hai xente que pode chegar a pensar que todo o que se escribe sobre o asunto é certo.

-Xa ten un título definitivo para o escrito sobre o que se vive cada ano no Corpiño?

-Precisamente se chama “Falsas crenzas da realidade galega. O Corpiño”. Dende o punto de vista de cómo se ven as cousas, O Corpiño é un rito que nace da teses do culto ás reliquias, pero iso é propio do medievo. Galicia cambiou moitísimo dende entonces, e por iso ninguén pode crer o que falan tanto Iturra como Lisón porque é todo tan anacrónico que resulta complicado soster teorías tan pouco reales sobre como é hoxe Galicia.

-Supoño que en sitios como Madrid este tipo de tesis incluso poden chegar a calar.

-O outro día en Madrid, tomando un café, os compañeiros e amigos que teño alí tambén me decían que Franco tiña no seu poder o brazo incorrupto de Santa Teresa e iso, vamos, é unha coña porque hoxe niguén pode asegurar con rigor que fora certo. Por iso digo que hai que loitar contra ese tipo de xente que convirte en certo a súa percepción da realidade sen comprobar si é verdade ou non e desenmascaralos.