10 de octubre de 2009
10.10.2009
Miguel villar - Empresario silledense

"Temos en mente crear o novo premio literario Porta do Sol"

"Apoiamos a colección Tilirín porque as institucións non o fan"

10.10.2009 | 01:20
Villar (con gafas), durante a presentación dun novo libro da colección Tilirín

Onte foi presentado na Casa da Cultura de Silleda un novo libro da colección Tirilín de literatura infantila da editorial Fervenza. O acto, que foi conducido por Valentín García, contou coa presenza da alcaldesa da localidade, Paula Fernández; o director da editorial, Xosé Luna; o autor do textoo e as ilustracións da obra, Heitor Picallo; e o xerente da empresa Hermanos Villar, Miguel Villar, firma que asumiu a edición da colección nunha iniciativa única na comarca.

–Como xurdiu a idea de colaborar con Fervenza?

–Foi nunha conversa con Luna cando propúsome unha bonita idea de colaboración e lle contestei que sí. Nós apoiamos a colección Tilirán porque, desgraciadamente, as institucións non o fan. Xa vamo pola sexta edición e estamos moi contentos co resultado porque parécenos unha forma moi axeitada de fomentar o noso entre os máis pequeniños.

–Hai algún proxecto cultural novo onde vai estar no futuro Hermanos Villar?

–Agora estamos restaurando unha casa moi coñecida en Lamela, que todo o mundo chama A Porta do Sol porque está nun sitio onde dalle o sol dende que nace ata que morre. Tiñamos previsto adicala ao turismo rual ou algo así. Ademais, temos en mente crear o novo premio literario Porta do Sol, na honra do edificio, que penso que podería ser algo moi dinamizador da cultura dunha parroquia como Lamela. Levo tempo falando do asunto con Luna pero aínda hai cousas que ultimar para poñerlo en marcha.

–Que destacaría dunha colección como Telerín con tantas referencia ao mundo animal?

–Paréceme algo extraordinario. Son libros onde os cativos aprenden a chamar as cousas polo seu nome en galego, e iso algo moi importante se queremos preservar a nosa cultura. Penso que a labor pedagóxica deste tipo de obras é un reforzo para o ensino da nosa lingua.

–Que lle parece o traballo feito por Heitor Picallo na nova aventura de Tilirín?

–Fenomenal. Valoro moito que seña unha mesma persoa a que faga texto e ilustracións nun libro destas características.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Enlaces recomendados: Premios Cine