09 de abril de 2009
09.04.2009
NICOLÁS VARELA GARCÍA - Concelleiro de Turismo de Lalín

"A Semana Santa non é un dos maiores atractivos turísticos de Lalín"

Sinala que o Consorcio de Turismo se centrará na campaña de verán

09.04.2009 | 02:00
Nicolás Varela.

O edil de Turismo de Lalín, Nicolás Varela, exerce ademais de vicepresidente do recén creado Consorcio de Turismo de Lalín, posto en marcha para converter este sector nun puntal económico do municipio.

– Que actividades deseñou o Consorcio de cara ás vacacións de Semana Santa?

– O certo é que Lalín non adoita ser un referente turístico durante a Semana Santa, xa que as súas procesións non son o maior atractivo da zona, ao non contar tampouco con confrarías., e de aí que si congreguen aos veciños pero que non se convirtan nun reclamo para a xente de fóra. Sen embargo, si é certo que os hoteis rexistran estes días unha alta ocupación, pero grazas ao comezo da Lalín Cup de bádminton, xa que 90 dos 100 participantes son de fóra da capital de comarca. Por iso, e de cara á vindeira Semana Santa, temos que botar man do tirón deportivo que tén Lalín para que hoteis e restaurantes teñan bos resultados. Aínda así, non esquecemos tampouco que contamos con casas de turismo rural que tamén hai que fomentar, para de paso axudar a coñecer o noso entorno e as actividades de ocio que organizan varias empresas e o colectivo de Ouro Verde.

– Desta maneira, a paisaxe convértese noutro aliciente turístico na comarca.

– Así é. Por iso estamos traballando en actividades que se desenvolverán no tramo do Camiño de Santiago, tanto na Vía da Prata coma no Camiño de Inverno, así como noutros aspectos como unhas xornadas de medicina natural, que organizamos en colaboración co Museo Casa do Patrón e que, segundo as previsións, terán lugar en xuño. Así pois, centrarémonos en actos para o verán e para Nadal.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Enlaces recomendados: Premios Cine