14 de julio de 2008
14.07.2008

Tributo ao Mestre Mateo dezao

14.07.2008 | 02:00
Escultura creada por O Vila como homenaxe ao artista lalinense. / bernabé/javier lalín

A Solaina acolleu unha homenaxe ao escultor Vidal Payo, na primeira xornada do encontro de creadores.

Alfonso Loño / VILA DE CRUCES
A organización da IX Xuntanza Obradoiro Internacional das Artes Plásticas da Solaina de Piloño promoveu onte unha homenaxe ao canteiro e escultor lalinense Vidal Payo, falecido hai dous meses, e na que se lembrou a figura deste traballador da pedra. A xornada incluiu unha mesa redonda na que Xosé Payo, un dos seus fillos, fixo unha elaborada e emotiva semblanza do seu pai, do que destacou a súa humildade, xenerosidade ou a vocación que tivo desde ben novo pola súa profesión.
Falou do artista como unha persoa que podería levar impresa no seu carácter a esencia do home galego, mentres que como creador destacou as mulleres, os cruceiros ou outras pezas características de Vidal Payo que se poden contemplar en distintos puntos da comarca e que forman xa parte da paisaxe urbana destes lugares. Aludiu á condición de "home altruista e autodidacta que cando vía unha pedra dicía, esta obra xa está feito, só hai que sacarlle o que sobra", dixo o seu fillo Xosé. Previamente, o presidente da fundación de Piloño, Paco Lareo, informou aos presentes sobre o programa da xuntanza deste ano e tivo unhas palabras para o "Artista descoñecido" deste ano. Destacou a fortaleza do canteiro nado en Alemparte así como o seu compromiso coa cultura da comarca, desde a súa condición de creador e traballador da pedra.
Mais foi a delegada de Cultura, María Xesús López, quen, sen coñecer tanto a figura do homenaxeado como os que interviron, a que destacou o traballo do lalinense coma unha desas figuras que sucederon ao Mestre Mateo e contribuíron a tecer os fíos da cultura galega. Pola súa banda, o alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero, afirmou que este artista fora sen dúbida "o mellor canteiro da comarca e da provincia de Pontevedra" e pediu un sentido aplauso para a familia do homenaxeado, presente neste acto. Mentres tanto, o escritor e contacontos lalinense Celso Fernández Sanmartín optou por establecer un fío conductor para disertar sobre a relevancia da arte en circunstancias pouco comúns, ou case que anónimas. "Téñolle moito respecto ás pedras, porque xa por si soas fan compañía", dixo. Tamén opinou sobre os moitos artistas que procuran un espazo dentro do circo mediático e mercantilista e os que crean porque llo pide o espírito, como os denominados outsiders.
Ao remate deste concorrido, que tamén contou coa presenza da deputada socialista lalinense, Soledad Sánchez Trujillano, os presentes trasladáronse á parte posterior da casa museo na que se descubriu una escultura na lembraza do homenaxeado, e que, como non podía ser doutro xeito, emprega a pedra como un dos seus elementos. A peza foi deseñada polo artista dezao e discípulo de Vidal Payo O Vila, e durante o breve acto, dous gaiteiros interpretaron una peza.
Programa
A xuntanza de Piloño, á que este ano asisten artistas galegos, españois e de paises como Macedonia, Bulgaria, Portugal, Cuba, Kosovo, Brasil, México ou Reino Unido, comeza agora a ser o escenario no que estes creadores traballarán durante unha semana. Durante esta semana haberá obradoiros, visitas ao CECAG de Compostela, e rematará o sábado coa realización de estampados de deseños que farán Carmen Barcala, Lola Dapena, Paula Montoto Lidia Pena e Marta Montoto, nas instalacións da Solaina de Piloño.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia