01 de junio de 2008
01.06.2008

Sindo Villamayor, Presidente de la Asociación de Comerciantes da Estrada: "A captación de asociados será obxectivo prioritario"

01.06.2008 | 02:00
Sindo Villamayor, onte, na Estrada. / BERNABÉ / PATRICIA F.

"Necesitamos que se aprobe un Plan Xeral e boas vías de comunicación para poder ser competitivos"

Silvia Pampín / A ESTRADA
Tiña anunciado reiteradamente que deixaba a presidencia da Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE) pero o venres ante a petición de socios en asamblea aceptou continuar.
- Anunciou que se ía pero segue sendo presidente da ACOE. Que lle dixeron para que mudara de opinión?
- Eu xa lle tiña medo a que me convenceran... O bo é pensar no proxecto que tes empezado, nos bos momentos que ten traballar polo comercio da Estrada... Pero botábanme atrás os malos tragos que pasamos na directiva, os problemas... así como cuestións persoais e profesionais. Pero o certo foi que alí a xente dixo que as críticas eran habituais, minoritarias e apoiou totalmente o proxecto e a idea que nós temos da asociación: as campañas que hai que pagar enriba da cota como en todos lados, que está ben o de profesionalizar, que temos que incidir moito máis niso e en mellorar a comunicación interna, que temos que seguir traballando na Feira de Oportunidades, que é imprescindible ter unha persoa contratada... Incluso xente que estivera noutras directivas alí nos apoiou e dixo que quere o cambio, que é inevitable e que hai que apostar por iso. E que se ten que ser que os asociados sexan máis disciplinados e entregados á asociación e iso vai conlevar diminuir en número de asociados haberá que facelo. Agora o noso primeiro obxectivo é aumentar os asociados. É imprescindible. E despois, pasalas canutas. Vai haber problemas, como hai seguido. E temos que tamén buscar financiación, que é moi importante, e a maior implicación. Ademais alí houbo unha mensaxe que imos levar a cabo: recuperar a aquela xente que, por unha razón ou por outra, se ten desvinculado ou ainda non se vinculou á asociación. Sobre todo, a quen se deu de baixa por problemas económicos, por diferencias ou por falta de comunicación, que é o que pasa moito. Incidiremos aí. Teremos xa para a semana a primeira reunión... para empezar a traballarxa na Feira de Oportunidades e a sufrir...
- A sufrir...Ten manifestado estar doído coas críticas dalgúns asociados. Queda agora iso no esquecemento?
- Claro que quedan no esquecemento ou polo menos no perdón. Estamos nunha organización profesional e non podemos andar con esas cousas que son pasos atrás e non as podemos ter moi en conta. Quero pensar que é por falta de comunicación. Pero, realmente, o que máis me botaba para atrás eran cuestións persoais e profesionais que para min son moi importantes. Agora, se na idea temos que a directiva ten que ser a que mande, a que organice, a que planifique pero non a que o leve a cabo... se levamos iso adiante, que funciona perfectamente na Pobra do Caramiñal ou Noia... non é necesario estar queimándose tanto. Non é a nosa función. Temos que ter unha asociación como outras profesionais nas que as directivas sexan directrices na política da asociación pero nunca man executora. Ten que haber outras persoas que están gañando un soldo e teñen que traballar nesa dirección.
- E con que ánimo afronta a nova etapa?
- Con optimismo moderado. Non é como fai dous anos porque sabes que vai haber problemas e pasos atrás pero ó mesmo tempo ver que houbo 35 asociados na asamblea é importante. E que históricos da asociación, núcleos duros che digan que o estás facendo ben... Incluso houbo unha persoa dicindo -creo que era un exceso- que era admirable a nosa contundencia, claridade de ideas, valentía... E todos somos humanos. E ainda que ás veces sexan abrazos do oso pois... moi ben. Estou moi orgulloso da asociación.
- Tratarán de ter máis ingresos captando socios...
- Exacto. En case 2 anos subiron as cotas case no dobre. Actualizáronse. Están ben en 10 euros máis IVE ó mes. É intocable e penso que nos podemos aviar captando máis socios.
- Cales son as necesidades máis urxentes do sector?
- O sector está preparado para enfrentarse a calquer tipo de reto. Ainda que temos que mellorar, o comercio local mellorou moito en dez anos. Entón, cal é o reto? Que A Estrada empece a posibilitar que o comercio poida actuar ó 100% en toda a súa intensidade. Con isto quero dicir, que se nos aprobe un Plan Xeral, que as vías de comunicación sexan efectivas e que todos esteamos en condicións de competir, sempre que melloremos ainda máis as nosas ofertas internas, as nosas campañas para competir con grandes superficies comerciais. Facer descontos á xente que nos compra. Vostede compra na tenda asociada e durante a quincena do Día do Pai vai ter un desconto dun 15 ou dun 20%. Nesa dirección se se traballa con ganas -e penso que isto vai por bo camiño- o comercio local mellorará.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Enlaces recomendados: Premios Cine