20 de abril de 2008
20.04.2008

Historias de aquí e de acolá

20.04.2008 | 02:00
Un momento da charla. / Bernabé/Isabel Espiño

O escritor Valentín García repasou nunha conferencia a historia e as lendas asociadas á parroquia de Guimarei.

Lois Docampo / A ESTRADA
Guimarei atópase a só uns pasos da vila da Estrada e sen embargo parece tan lonxe... A parroquia medrou como un irmán pequeno, como un cativo afastado e esmorecido que ollou cara arriba en busca dun raio de sol e atopouse á sombra dunha árbore demasiado forte para deixar pasar a luz. "A Estrada forma parte de Guimarei", as verbas do escritor estradense Valentín García recollen o xerme da vida embrionaria dun lugar que tivo a virtude de manterse intacto, incorrupto, quizais á espera dun momento que nunca chegou.
Este vagar paseniño foi un dos puntos centrais da conferencia, organizada pola Asociación Deportiva e Cultural de Guimarei, que o normalizador lingüístico da Estrada e un dos grandes coñecedores do concello impartiu ante un bo grupo de curiosos. Á marxe deste repaso pola situación actual da parroquia estradense e a súa relación veciñal como marco para explicar a súa historia, a charla de García tamén recolleu o espiritu do guión fixado no título da conferencia: "Guimarei: mitos e lendas".
Neste sentido, o escritor realizou unha viaxe que foi desde a cultura castrexa ata hoxe, pasando polos romanos ou a Guerra Civil. Paralelamente, García recordou a figura de numerosos persoeiros de gran importancia para o concello nacidos na parroquia de Guimarei. Tal é o caso do primeiro alcalde que tivo A Estrada, Luis Mato. Ao mesmo nivel de importancia poderíase colocar o repaso que o normalizador lingüístico fixo dos lugares importantes, e en moitos casos, das lendas ou historias asociadas a eles. Neste sentido non podía faltar o ir e vir da Torre de Guimarei e súa situación actual. Outro punto de atención estivo posto nos castros, lugares intimamente relacionados ás lendas. Neste sentido e nesta época, o guieiro de García trasladouse tamén a lugares asociados as historias de "mouros", dos que se atopan numerosas mostras en toda a mitoloxía galega (por exemplo lugares onde pode aparecer unha trabe de ouro ou unha trabe de alquitrán. No primeiro caso augura boa sorte e riqueza, no segundo caso, todo o contrario). O escritor estradense profundizou tamén na lenda do camposanto e a súa relación co carlismo ou na historia da "casa dos protestantes", un lugar onde viviu unha congregación evanxelista nos anos 20 e que desapareceu coa Guerra Civil. Ambas son historias pouco documentadas pero que perviven na conciencia colectiva.

Un desafío para todos os veciños

Moitas das historias e lendas que onte explicou e contou Valentín García non tiveron un final. Foron contos sin concretar, meros iniciadores dunha cadea que debe continuar. Así o explicou o escritor estradense, que extendeu un desafío aos xóvenes da parroquia. Para García, son eles os que deben encher eses ocos, indagando na historia da súa terra. Así ocorre por exemplo no caso da "casa dos protestantes". Precisamente, a súa conferencia tivo en moitos aspectos un carácter didáctico, co obxectivo de espertar o xerme da curiosidade entre os presentes, de incitalos a buscar e a ollar na memoria histórica dos máis maiores en busca das xustificacións dos mitos da súa parroquia.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine