Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Queremos municipalizar servizos e crear unha planta de compostaxe propia para renunciar a Sogama"

- Con que bazas xoga María Villaronga respecto aos seus rivais? Que pode aportar o BNG?

-Temos claro que somos a única alternativa nacionalista e de esquerdas, cun proxecto que pula pola soberanía de Galiza trasladada neste caso ao concello, á soberanía de Vilagarcía. A baza coa que xogamos é a coherencia da liña de traballo destes anos. Non prometemos nada que non cumpliramos, estivemos sempre tanto donde nos solicitaron como donde vimos que había una problemática, loitando polos dereitos dos veciños. Nunca lle escondemos a ninguén o que somos, imos a peito descuberto. E tampouco estamos agora prometendo cousas cando antes non as levamos á práctica. Esa transparencia e ese xeito de traballar son dúas bazas importantes, aparte da experiencia destes anos.

-Que sería o primeiro que faría como alcaldesa?

-Poñer en marcha ese consello local veciñal e ter xuntanzas cos veciños para definir a nosa liña de traballo. Agora non é o momento de grandes obras, senon de políticas de emprego a nivel de mocidade, de muller, que poidamos levar a cabo uns estudos para decidir hacia que sectores debe ir enfocado o traballo. E tamén un estudo sobre os servizos a municipalizar para que repercuta nun aforro para todos os vilagarciáns.

- Fala dun estudo ou xa propón algún servicio concreto para municipalizar?

-Todo o que fose auga, recollida de lixo, ... Por suposto tamén unha planta de compostaxe propia que xeraría postos de traballo e así renunciar a Sogama.

- Como lugar da foto elixiu o parque da Coca, un enclave do que tantas veces o BNG denunciou o seu estado. Cal é o seu proxecto para el?

-Reposición de árbores que se perderon e un saneamento total. Nestes catro anos non se fixo nada: hai pedras caídas, árbores a piques de desprenderse (esas non foron taladas), lixo, o alumeado segue sen reparar, ... A Coca é un dos poucos espazos verdes que hai en Vilagarcía e simboliza perfectamente a decadencia destes anos no Concello.

Compartir el artículo

stats