Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Os protagonistas do traballo

Deste xeito sae á luz "Saudade 2020", que loxicamente non sería posible sin os seus grandes protagonistas, os artistas. Son compositores galegos como a arousá Débora Silva e a pontevedresa Carmela "Mihermanapequeña", as dúas establecidas na Coruña.

Pero tamén participan Silvia Penide, de Meicencde (Arteixo), o emprendedor Dani Rios (Neda), Xabier Vizcaíno (O Incio), David Prado (Lugo), o músico compostelán Álvaro Iglesias "Alvarito Church" e o ferrolá Marcos Mella, responsable da produción deste importante traballo musical, multidisciplinar e integrador.. O seu pai, Alfredo Mella, músico que, tocando o baixo, formou parte, no seu día da banda e das xiras do propio Andrés do Barro tampouco falta. El encárgase da parte musical, como Alessandra Gallo Rodríguez, unha veciña de Sanxenxo residente en Basilea que toca o chelo; e Cristóbal Castro, nado en Santiago de Chile pero que vive en Cabanas e se encarga da percusión.

Compartir el artículo

stats