Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cambados e Ribadumia emiten pola web os actos do Día das Letras Galegas

As limitacións impostas polo estado de alarma e a crise sanitaria do Covid-19 non impedirán que o Concello de Cambados conmemore hoxe o Día das Letras Galegas. Iso si, a programación prevista adaptarase ás novas circunstancias e todos os actos previstos emitiranse en streaming a través do Facebook oficial do Concello.

Os actos consisten nunha ofrenda floral e na lectura de poemas de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado este ano, e que terá lugar como é tradicional no monumento a Ramón Cabanillas, no Paseo da Calzada. Ademáis, o profesor e escritor Emilio Xosé Ínsua realizará unha breve disertación sobre Carvalho Calero. O acto comezará ás 12 do mediodía e remata sobre a unha da tarde.

Posteriormente, ás 19.00 horas terá lugar un evento músico-cultural, que será tamén retransmitido por streaming. Trátase dunha actuación do grupo Onte e Hoxe, que interpreta cancións galegas desde a década dos 60 ata a actualidade. Neste acto, organizado pola Concellería de Cultura, que dirixe Constantino Cordal, intervirán tamén o filólogo Francisco Fernández Rei e a estudante Mariña Area.

Precisamente, este mesmo concerto emitirase tamén en streaming a través do Facebook do Concello de Ribadumia á mesma hora. Este último municipio, ademáis, convocou un concurso de poesía con tres categorías por idades, e un total de 150 euros en vales de compra a gastar en Ribadumia. Entrégase por correo eléctronico.

Compartir el artículo

stats