10 de mayo de 2020
10.05.2020
Faro de Vigo

"Penso en todo o sofremento que vin e dame moita rabia que haxa algunha xente tan irresponsable"

10.05.2020 | 02:34
"Penso en todo o sofremento que vin e dame moita rabia que haxa algunha xente tan irresponsable"

- A ansiada desescalada xa comezou, pero con moitas dúbidas.

-Desde a miña visión, paréceme precipitado. Pero pode ser un medo que teño porque sei que logo tocarame vivilo en primeira persoa. Nalgún intre terase que facer e sempre vai ser arriscada a decisión. Fágase agora ou despois haberá críticas, pero todo depende de nós. É difícil porque o pensamento que temos non é colectivo, como sen querer saber que a nosa acción individual xúntase a moitísimas máis. Todo comeza desde un mesmo. As solucións poden dalas outros, pero os resultados temos que dalos nos.

-O famoso pico da curva é case coma unha panacea.

-Hai unha tendencia á baixa no número de casos, pero non podemos relaxarnos. Que a curva baixe non é garantía de nada. Calquera que busque a evolución doutras pandemias, verá que hai moitas curvas. Non sabemos como se comporta. Entendo que haxa gañas de saír, pero vin vídeos que me puxeron de moi mal humor. Penso en todo o sofremento que vin e dame moita raiba que haxa algunha xente tan irresponsable.

-Sen vacina custa ainda máis ser optimista.

-Será un punto de seguridade enorme unha vacina ou un tratamento. Agora o único que nos queda é previr. Dar cunha vacina leva moito tempo. Un tempo no que temos que seguir vivindo. Por iso, o máis importante agora é a prevención, que é a base da medicina. Estamos nun sistema que tratamos o que se deriva dos problemas en vez de evitalos. Moitas enfermidades pódense evitar antes que tratalas e isto é o mesmo.

- Se algo positivo deixará esta pandemia é que non convén nunca desatender á sanidade pública

-Quero pensar que isto cambiará para mellor. Que a xente que traballa polo benestar social o poida facer nunhas condicións dignas. Eu mesmo teño un salario base que non chega a ser de mileurista. Ainda así, seguiremos respostando,pero tamén hai que valorar esas respostas. Traballar ben e ter resultados é a nosa felicidade, pero cando poidamos loitar polos nosos dereitos que non se esquezan de todo o que pasamos. A memoria é fráxil e cando todo pasa custa lembrarse.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


LA MEJOR INFORMACIÓN, CERCA DE TI


FARO te ofrece un nuevo servicio de pasatiempos y juegos online

Disfruta desde tu ordenador o tu móvil de más de un centenar de retos como crucigramas o sudokus