-¿O esforzo tamén pasou factura entre os sanitarios?

-Houbo varias baixas e bastantes sanitarios positivos. Agora queren facer seroloxías para saber se xeramos anticorpos contra o coronavirus. Hai que seguir mellorando esas probas ata atopar algunha fiable. Ten que haber moita xente positiva, pero tampouco hai infraestructura para soportar tanto positivo.

-Pese a todo, o exército sanitario mantívose en pé nesa fase de case tolemia.

-Eres consciente de que hai moitísimo risco e moitas decisións precipitadas. Ves xente traballando que nunha situación normal estaría de baixa, pero é que realmente non quedaba outra. Xente con síntomas que estivo menos de 14 días illado. Ata se dou o caso que o primeiro morto de coronavirus de España foi no meu hospital. O señor viña de Nepal e alí soamente había un caso, pero chegou e morreu en tres días. Pasou por case todos os servicios do hospital sen darse có que tiña. Na autopsia fíxoselle a proba e dou positivo.

-¿Percíbese agora medo a ir a un hospital?

-Sí, sobre todo en urxencias. Hai moita xente con problemas grandes e ten medo de vir ao hospital. Topas a xente con infartos de varios días de evolución e con enfermidades que veñen tarde. A xente evita ir aos hospitais ata que non queda outra. Logo ou chegan cunha rotura cardíaca, ictus de varios días ou perforacións de intestino. Tes menos pacientes en urxencias, pero cando chegan, chegan peor.

- ¿O de aplaudir as 8 da tarde reconforta?

-Gustan, pero dame un pouco de medo que os aplausos rematen convertíndose nunha arma de dobre fío e pensar que con iso se arranxa todo. Agardo que esa unión siga cando toque protestar polo que temos que protestar. Que a concienciación se manteña na busca dunha solución.