"Homes de ferro" é a última novela escrita por Alfredo Conde e que onte o propio escritor presentou na libraría Follas Novas de Vilagarcía. Publicado por Ézaro Ediciones, o libro narra a aventura vivida por catro amigos irlandeses a bordo do "Naomh Gobnait", que percorreron as augas que separan Irlanda de Galicia. O barco acabou naufragando na desembocadura do Miño, falecendo un dos viaxeiros a causa diso.

O bote foi reconstruído a iniciativa de Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial, xa convertido no emblema do Camiño do Mar. Esta iniciativa forma parte do programa "O teu Xacobeo", impulsado pola Xunta de Galicia.

Para Alfredo Conde "trátase dunha novela construída a partires dunha realidade na que a maioría dos feitos son certos pero no o que pensa cada unha das personaxes que xa é a expresión da miña liberdade como novelista á hora de imaxinar os seus pensamentos e reacións". O seu editor, Alejandro Diéguez, apunta que "ademáis da edición en galego e castelán, que xa poden atoparse nas librarías, "Homes de ferro" editarase tamén traducida ao inglés"