Desde que comezou a andadura do proxecto María Fumaça, unha inciativa liderada por algúns dos nomes máis importantes da música e a arte actual, como Uxía Senlle ou Carlos Blanco, non hai ano que non inclúa unha parada na Illa de Arousa. Este 2020 non vai ser menos, e esa parada do tren de María Fumaça, co pequeno Rui aos mandos, será hoxe, a partires das 19.00 horas, cando todos os integrantes se suban ás táboas do auditorio.

Este ano, o tren de María Fumaça virá cargado de novidades, aquelas que están incluidas no novo disco, que leva por nome "O veleiro verde" e que se estreou recentemente. As súas cancións sumaranse a todas as que levan xa anos soando e convertindo a maría Fumaça nun dos grandes referentes musicais deste país.

O concerto na Illa supón o fin do periplo navideño que levou a este tren a lugares como o Luar da TVG, As Neves, Poio e o Auditorio Mar de Vigo, conseguindo sempre abarrotar todos estes escenarios.

O concerto de María Fumaça forma parte das actividades deseñadas polo Concello da Illa para festexar o Nadal e que concluirán coa celebración da Cabalgata de Reis que terá lugar mañá, e coa Festa do Patrón, o San Xulián, que encherá de gravatas o municipio.