Este pasado mes de decembro, o colexio CPI Progreso de Catoira cumpliu 50 anos dende a súa apertura. Esta data tan especial, é recordada por unha das persoaxes que ten a súa vida paralela a este colexio durante eses 50 anos, o ex director, Manuel Longo.

Por este colexio, pasaron milleiros de alumnos que se formaron e se enriqueceron grazas ao paso dun cento de profesionais da educación que puxeron o xérmolo que forma parte dos veciños e cidadáns de Catoira. Persoaxes destacados como Manuel ou José, do cal vivimos fai pouco tempo o seu pasamento, deixan no recordo unha imaxe magnífica do que foi e o que é o CPI Progreso. Grazas a moitas destas persoaxes, que na gran maioría non poñemos nome porque realizan un traballo sen apenas recoñecemento, moitos veciños de Catoira triunfaron nos seus estudos e acadaron grandes postos na súa vida laboral, así como unha ampla vida intelectual e de futuro.

Eu sempre recordarei os anos vividos no CPI Progreso, dende pequeniño ata rematar a Educación Secundaria. Nunca poderei esquecer a Vigo e a súa famosa foto cun tanque que tanto impresionaba aos nenos, así como as súas clases de Xeografía e Historia. Non se esquecerá a Pilar, e o tempo que adicaba a educar aos nenos de quinto e sexto. Tampouco se esquecerá a María Pais e as súas clases de Lingua Galega, a Andres Castaño, exalcalde de Catoira e un perfecto profesor de Inglés. A Armando Requeixo, que poñía toda a gana do mundo nunhas incribles clases de Galego que emocionaban aos alumnos. Agora Armando é un gran crítico literario. E nunca olvidarei a todos os profesores que lle ensinaron e mostraron o camiño a todos os estudantes de Catoira e arredores.

A todos eles, e a todos os profesionais que fixeron posible a existencia do CPI e prestaron unha parte da súa vida para ensinar aos alumnos, queremos darlle as grazas. Eles forman parte de cada un dos alumnos que pasaron polas súas aulas.

A nosa educación, un dos bens máis prezados que temos as persoas, nace con eles, nútrese e avanza nun mundo onde xa case non se valora.

* Iván Caamaño é o portavoz do PP de Catoira.