O Concello de Valga da conta de que o alcalde, José María Bello Maneiro, asistiu este mediodía á tradicional comida de Nadal de Extrugasa, que representa Andrés Quintá e reuniu nas instalacións da fábrica, en Campaña, preto de 180 personas.

Estaban alí directivos, traballadores, colaboradores e outros achegados da empresa. Tamén participaron o tenente de alcalde, Román Castro, e o concelleiro Pedro Calvo.

Uns e otros degustaron produtos da terra coma mexillóns, empanada e carneiro ó espeto para festexar a boa traxectoria da empresa durante o ano que está a piques de rematar.