Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A porta violeta contra a violencia de xénero

O IES Faro das Lúas toma a canción de Rozalén como símbolo

Unha das actividades feita no Faro das Lúas de Vilanova. // FdV

Previr e concienciar desde a escola. Así entenden no IES Faro das Lúas de Vilanova de Arousa que debe facerse coa violencia de xénero. Neste centro acordaron traballar a prevención da violencia de xénero e a igualdade en todos os niveis da ESO ao longo de toda a semana do 25-N con diferentes propostas. A través dos distintos departamentos, con compromiso previo, realizouse a organización de actividades que se foron elaborando ao longo de todo o trimestre e dirixíndoas a todo o alumnado.

O pasado luns, o centro levou a cabo un acto conmemorativo a prol das vítimas da violencia de xénero, amosando así a repulsa a este tipo de lacra social que está a vivir sociedade. Os alumnos realizaron a actuación da canción de Rozalén, "La puerta violeta", e tomouse esta como símbolo, ubicando na entrada do instituto unha porta pintada desta cor. A comisión de igualdade defínea, en palabras do seu coordinador, Adolfo Barcia, como "unha saída. Queremos que todas as vítimas vexan que existe unha porta violeta a través da cal poden cruzar, acadando unha solución".

Unha lista co nome das mulleres asasinadas este ano e unha lectura de varias frases para amosar a repulsa contra esta lacra acompañaron o acto. Con estes datos buscábase concienciar ao alumnado.

Este, xunto co profesorado, dirixiuse ao pavillón para depositar os zapatos e gardar un minuto de silencio en homenaxe ás vítimas da violencia de xénero. Ao longo desta semana tamén se celebraron unha serie de charlas impartidas pola Concellería de Igualdade do Concello de Vilanova, baixo o nome de "Stop violencia" para terceiro e cuarto da ESO, e uns obradoiros, co título "En pé de igualdade" para traballar co alumnado de primeiro e segundo. Tamén houbo unha obra de teatro, "El sí de las niñas", nas que se representan as desigualdades e a impotencia da muller, ao longo dos séculos, de poder decidir por si mesma.

Compartir el artículo

stats