Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

De perder seis metros ao ano a tan só un

Aínda que resulte algo paradoxal, unha das conclusións que ofreceu o estudo de Cajade é que o retroceso que está experimentando o illote ralentizouse nos últimos anos. Ese retroceso comeza a partir dos anos 80, "e chega a ser moi grande ata comezos deste século, chegando a perder ata seis metros ao ano", explica o investigador da Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente, "tende á estabilización, houbo como unha ralentización no proceso, experimentando un retroceso de tan só un metro ao ano". Sen embargo, pese a ser máis lenta, a erosión "segue sendo brutal se o comparamos con outros puntos da costa galega". Facer o estudo non resultou sinxelo, xa que houbo que investigar a morfodinámica da erosión do illote e facer a reconstrucción medioambiental de como evolucionou nos últimos 6.000 anos e ver como pode ser esa evolución, tendo en conta tamén os elementos sociais e económicos que rodean a Areoso.

Compartir el artículo

stats