Carmela Silva aproveitou unha das súas intervencións no Grove para avanzar o que pode ser una nova estratexia promocional coa que axudar ás mulleres da provincia. Será unha campaña de nadal inspirada nelas, porque, como sinalou a presidenta da Deputación, "elas son a alma do mar".

Neste senso, explicou que nunhas festas tan sinaladas son moitos os productos do mar que chegan ás nosas mesas, "pero poucas veces nos paramos a pensat que son elas, as nosas mulleres traballadoras, as que acadan ese producto co seu traballo e esforzo diario".

Iso é o que tenta dar a coñecer con esta campaña promocional, facendo que se visibilice o traballo das mariscadoras, pescadoras e bateeiras pontevedresas.