24 de agosto de 2019
24.08.2019
Faro de Vigo

Trinta dornas buscarán o triunfo na emblemática Volta ao Bao

A proba ten como característica peculiar o feito de que as tripulacións saen de terra e teñen que aparellar os barcos

24.08.2019 | 02:01
Saída dunha das últimas edicións da Volta ao Bao. // Noé Parga

Un total de trinta dornas da ría de Arousa, Pontevedra e Ferrol participarán hoxe na emblemática Volta ao Bao, unha das probas más importantes do calendario no que a embarcacións tradicionais se refire. A proba comezará na praia da Canteira, nas inmediacións do Bao, sobre as 16.00 horas e consistirá en tres voltas a un triángulo imaxinario que se atopará sinalizado entre a praia da Canteira da Illa, a praia do Terrón en Vilanova e a ponte que une os dous concellos.

A regata do Bao é unha das máis espectaculares da tempada. Non ten a dificultade que prantexa a Volta á Arousa, pero existe un momento determinante, que non garantiza a victoria, pero que pode descartar a calquera embarcación se non se fai ben. As tripulacións parten desde terra á carreira en canto se dá a saída. Unha vez que suben ás dornas, que permanecen varadas na praia da Canteira, deben aparellar canto antes toda a arboladura e o timón para poder comezar a navegación. O máis mínimo erro neses momentos, pode provocar que toda a flota te deixe atrás e que quedes sen posibilidade de victoria.

O obxectivo da flota participante será a de arrebatar o título a "Jalerna" que, coa tripulación formada por Cartarola e Braulio foi a gañadora na última edición, disputada o ano pasado. Nese triunfo foi fundamental a estratexia na bolina, é dicir, ser capaces de aproar o máximo posible cara a dirección do vento. Candidatas a superar a "Jalerna" hai un bo feixe de embarcacións, aínda que non vai resultar sinxelo, xa que esta embarcación foi a vencedora tamén da última Volta á Arousa, disputada hai tan só dúas semanas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

BEcontent


"Viaxa mañá", Rías Baixas te espera

No te pierdas el emotivo mensaje con el que la Deputación de Pontevedra se dirige a los amantes de la provincia: "Trabajamos para que puedas volver lo antes posible; lo vamos a celebrar como nunca"

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia