Cando no programa do PSOE falan da área de Educación destacan que "logo de que no período 2015-2019 fora necesario incrementar os orzamentos para facer fronte ás necesidades da gardería de Rons, para os vindeiros catro anos será preciso continuar na liña do aumento dos recursos para a atención ás competencias municipais neste eido, pois non podemos perder de vista que os centros educativos do Grove son antigos e requiren, cada vez máis, moito mantemento".

Tamén teñen previsto os socialistas promover campamentos de verán e a ludoteca de Nadal, amáis de ampliar e diversificar a oferta de actividades extraescolares municipais, "sempre con criterios obxectivos e de clara necesidade formativa".Auditorio

A ampliación das prazas da Escola de Música gracias á construcción do Auditorio, novas medidas de apoio ás familias, novas escolas obradoiro, chegando a contar cun programa de formación en hostalería, o mantemento dos parques infantís, seguir mellorando "un valor seguro" como a

Aldea Grobit e a reforma da Casa da Cultura Manuel Lueiro, tamén forman parte do programa socialista no apartado de Educación.

Do mesmo xeito que os Camiños Escolares Seguros, implantando nos diferentes colexios sistemas que permitan aos rapaces poder asistir en bicicleta.

No tocante ao Deporte, o PSOE propón manter uns orzamentos que atendan as necesidades do pobo e manter unha relación directa cos clubes, conseguindo ademáis manter o bo funcionamento do Consello Local de Deporte.

Outra proposta é a de mellora dos equipamentos deportivos, "tendo xa en marcha a construción dos vestiarios para as pistas de pádel, rematando a pista de skate da Praza do Corgo e poñendo en marcha a mellora xa adxudicada do Pavillón de Deportes Naúticos e a creación dun espazo de remo adaptado no local do clube de remo Mecos".

O PSdeG-PSOE do Grove quere, do mesmo xeito, seguir extendendo ó barrio da Graña, O Sineiro e San Vicente o modelo iniciado en Terra de Porto e ampliado xa a Porto Meloxo e Peralto-Confín.

No eido xuvenil os socialistas plantexan accións como a creación do edificio multiusos do Monte da Vila, na antiga escola infantil. Vai ser reformada para poder ampliar os servizos do programa Vellos Tempos e tamén para acoller un espazo permanente para actividades xuvenís.

O remate do local de ensaio de Ardia e a consecución dun sistema de xestión eficaz e seguro é outra das propostas.