24 de mayo de 2019
24.05.2019
Elecciones Municipales 2019

O PP de Catoira denuncia delitos contra a sáude pública

Iván Caamaño critica "un macrovertedoiro ilegal"

24.05.2019 | 08:59
Unha imaxe do verquido.

O PP de Catoira denuncia que "o Concello é experto en cometer delitos contra a saúde pública" e que "dende hai anos acumúlase lixo, bancos de pedra, restos de poda, lavadoras, neveiras e todo tipo de residuos nun gran vertedoiro agochado nun espazo natural que anteriormente era unha lagoa e que formaba parte dun corte xeográfico que a Universidade de Vigo utilizou para realizar estudos".
Está preto do colexio Progreso e "acumula toneladas de lixo nunha finca de 17.000 metros cadrados" na cala tamén se atopa "o falso teito do edificio multiusos que caeu ao pouco tempo de facerse ese inmoble, atopándose agora medio enterrado neste macrovertedoiro e constituindo un delito contra a sáude pública e o medio ambiente".
Con esta denuncia o PP vikingo quere que os veciños "poidan ver a realidade sobre a importancia que o Concello e mailo PSOE lle dan ao medio ambiente, pois presumen dun manantial próximo e prometen balnearios que non dan chegado mentras verten en lagoas residuos que se filtran á terra e que contaminan todos os espazos naturais e os manantiaus de auga que hai nas proximidades".

Preocupación dos pais

Parece que tamén se queixaron disto os pais dos alumnos do CPI Progreso, "tanto polos malos olores, como pola aparición de ratas e outro tipo de animais que saen do lugar onde se atopa o verquido", polo que Caamaño lembra que "Concellos como Vilagarcía foron condeados a pagar grandes multas e a restablecer o terreo por vertedoiros moito menores que este".
Nembargantes, o PP di que non vai denunciar ante o Seprona este tipo de actividades "porque sería causa de grandes multas que sempre acaban pagando os veciños namentras que os rexidores que cometen este tipo de delitos non sofren consecuencias".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia