Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O eterno problema de Costas

-As sentencias polos conflitos con Costas non foron favorables. ¿Hai posibilidade de negociar cuestións como o POL ou o deslinde marítimo-terrestre para desbloquear o urbanismo?

- C. I.: Realmente a loita xurídica pola singularidade non foi, nin será tarea fácil. Batallamos en todos os frentes porque se entenderan as nosas particularidades. O batacazo máis grande foi o nefasto POL da Xunta, que reduciu o terreo urbanizable en 70 hectáreas, contra o cal tamén acudimos aos tribunais (o PP promete resolvelo, non se sabe como). Non imos renunciar nunca a negociar e reclamar os dereitos urbanísticos deste Concello, pois temos un PXOM completamente garantista en termos de protección medioambiental, paisaxística e urbanística, como para estar tutelados desta maneira tan drástica e negativa.

- J. J. G. V.: Por suposto que se pode, pero para iso primeiro hai que traballar, falar, tramitar, propor e convencer. Hai leis que se fixeron e que o tempo demostra que, en algúns concellos non dan a resposta desexada. Todo é mellorable e, neste caso creemos que, sobre todo no POL, existen restriccións que se deben corrixir. Apostamos por traballo e propostas e non instar a confrontacións, nin usar os veciños en contra das administracións pola nosa incompetencia

- D. M.: Hai que estudar e ofrecer respostas realistas, na Illa o casco urbano nalgún momento deixará de ser suficiente, polo cal o concello debe comezar canto antes o estudo de solucións, xa que isto repercute directamente no prezo da vivenda, encarecéndoo e complicando o acceso dos veciños.

Compartir el artículo

stats