18 de mayo de 2019
18.05.2019

Constantino Cordal: "Queremos dar 1.000 euros polo nacemento dun fillo"

Cordal lembra a histórica rebaixa de impostos

18.05.2019 | 06:13
Constantino Cordal. // Noé Parga

Constantino Cordal ten 49 anos. É profesor de Ciencia Política na Universidade de Vigo e vicedecano da facultade de Ciencias Sociais.

-Están preocupados polos resultados da Marea nas eleccións xerais?

-En absoluto. Iso non ten nada que ver con Somos Cambados. Nós aglutinamos a persoas de distintas procedencias e distintas sensibilidades políticas, non só das Mareas.

-Tocou teito a esquerda en Cambados e agora toca redistribuir eses oito concelleiros? Ou aínda pode medrar?

-Eu creo que a esquerda sumará máis. Nunhas eleccións municipais non se vota tanto en clave de esquerda ou dereita senón na confianza hacia os candidatos. Nos concellos non lexislamos. Xestionamos, e na xestión o que importa é resolver os problemas dos veciños, non a ideoloxía.

-Cal é o gran legado de Somos despois destes catro anos?

-Tanto na política económica como na social marcouse un antes e un despois. En materia económica saneamos o Concello e fixemos a maior baixada de impostos da historia de Cambados. Reducimos a Urbana en 24 puntos e creamos bonificacións fiscais das que se poden beneficiar 2.000 veciños. En materia social, incrementamos o gasto nun 60 por cento, implementamos un ambicioso plan de emerxencia social, e puxemos a funcionar o centro de día. Tamén estou moi orgulloso da defensa que fixemos da sanidade pública. Queremos afondar na área social e poñer en marcha un plan de apoio á natalidade, con axudas de 1.000 euros anuais durante dous anos aos pais que teñan un fillo en Cambados, acompañado do aumento de prazas na gardería.

-Neste mandato, foi Xurxo Charlín quen tivo unha maior presencia no Concello. Terá vostede unha liberación exclusiva se sae elixido alcalde?

-Iso haberá que velo despois dos resultados. Eu estaría disposto a botar outros catro anos sen cobrar, aínda que loxicamente haberá que agardar aos resultados. Pero quen veña a Somos buscando un cargo ou un salario engánase de sitio. Para nós a política non é unha profesión.

-Somos amosou os posicionamentos máis belixerantes coa Xunta en asuntos como a praza de abastos ou o centro de saúde. O PP intenta convencer aos veciños de que andar pelexando con outras administracións non leva a ningunha parte.

-Pero é que nós non estivemos pelexados con outras administracións. Estivemos reclamando os dereitos dos cambadeses. Defendemos os intereses dos veciños e coa reforma da Casa do Mar demostramos que temos capacidade de interlocución política con outras administracións.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia